miércoles, 15 de enero de 2014

Presentación materias segundo cuadrimestre

Os próximos xoves 23 de xaneiro e venres 24 de xaneiro terán lugar as presentacións das materias do segundo cuadrimestre. Tendes o calendario de presentacións dispoñible na web, no seguinte enlace:

 http://www.csc.uvigo.es/images/stories/pdf/presentacion_materias__2_ct__prp.pdf

Revisádeo, xa que hai algún cambio con respecto á planificación orixinal.

A semana do 27 de xaneiro comezan as clases, dacordo cos horarios publicados na web. Lembrade que esa primeira semana só hai docencia teórica e que o día 28 de xaneiro é festivo na Universidade, polo que non haberá clase.

2 comentarios:

  1. Mabel, os de terceiro seguimos cos mesmos grupos do primeiro cuadrimestre? É que nunha materia aparece ata o grupo F...
    Grazas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Acabo de responderlle agora mesmo a Micaela. Os grupos seguen como estaban para as restantes materias, pero no caso de Producción publicitaria en medios audiovisuais hai que facer grupos máis pequenos para poder traballar, por iso son seis. Nese caso, tendes que respectar os grupos que xa existen para as outras materias e apuntarvos nos desa materia en función dos vosos horarios e acordándoo coa profesora, para que os grupos estean equilibrados.

      Eliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.