miércoles, 26 de noviembre de 2014

Actividades vixésimo aniversario

Estimados alumnos,

Como sabedes mañá xoves celebramos o vixésimo aniversario da Facultade cun programa de actividades no que é fundamental a vosa colaboración.

Ás  12.00 da mañá terá lugar o acto institucional, no que se repasará a historia da Facultade, e ó que estades todos convidados. 

Pola tarde, á partir das 16.00 horas, están previstas varias conferencias nas que participarán profesionais de moito prestixio como Allan Batievsky, Jorge Tompo ou Isabel Bagaza.

Por último, a partir das 18.30 horas, terá lugar unha actividade especial, na que se reuniran trinta titulados do centro que están desenvolvendo con éxito a súa actividade profesional para organizar, co alumnado actual, unha sesión de speed dating. Os titulados estarán sentados (e identificados) en mesas independentes intercambiando experiencias cos estudantes actuais (que irán rotando de posto en posto). Unha oportunidade única e innovadora de sentarse, fronte a fronte, ante profesionais que hai poucos anos tiñan as mesmas dúbidas e incertidumes que o alumnado actual.

Falamos, en definitiva, dunha xornada de especial interese que para ser un éxito necesita a activa participación dos estudantes, polo que pregamos tamén de forma especial a vosa colaboración.

Aquí tendes o ENLACE co programa da xornada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.