martes, 22 de diciembre de 2015

PREMIOS INCUVI-EMPRENDE

Para fomentar o espírito emprendedor no colectivo universitario, a Universidade de Vigo, a Cidade Universitaria, Aje Pontevedra, TECNÓPOLE e a Fundación Universidade de Vigo convocan a 5ª Edición dos premios INCUVI-Emprende. Toda a información relativa a ditos premios pode consultarse no seguinte enlace:
Ofertaránse 12 premios: 6 no campus de Vigo, 4 en Ourense e 2 en Pontevedra. Este premios consisten nunha subvención dos custes de estadía por un período máximo dun ano nun dos espazos da pre-incubadora de negocios INCUVI. Tamén terán a súa disposición, o longo do ano 2016, un equipo de asesoramento xurídico-empresarial e un programa formativo integrado por distintos obradoiros e conferencias impartidas por profesionais de distintos sectores empresariais.
Todo elo co obxectivo de que maduren os seus proxectos empresariais e, finalmente, acaben formalizando a constitución das súas empresas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.