jueves, 26 de septiembre de 2019

Aberto o prazo de solicitudes no programa Directivos e Directivas por un Día

A Universidade de Vigo, en colaboración coa Asociación Española de Directivos, convoca o programa Directivos e Directivas por un Día.  O obxecto desta convocatoria é a elaboración dun listado de persoas candidatas  para participar no programa formativo que ten como finalidade o fomento da vocación directiva e emprendedora entre os mozos e mozas universitarios en todo o territorio nacional.

O obxectivo do programa será a asignación individual dun mentor ou mentora profesional co que compartir en primeira persoa a súa labor na empresa durante unha xornada laboral, o que permitirá aos e ás estudantes adquirir coñecementos e competencias a desenvolver para acceder en mellores condicións ao mercado de traballo.
O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 3 de outubro, e poden presentarse todos os matriculados na actualidad  no último curso de calquera dos grados que se imparten na UVigo.
Tedes toda a información na páxina da Convocatoria da selección aloxada na web da Universidade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.