martes, 8 de octubre de 2013

Charla-coloquio informativo sobre programas de apoio económico a iniciativas xuvenís

O próximo mércores 23 de outubro, ás 13.00 horas, non Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, o Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, acompañado por un técnico da Consellería de Traballo presentará os seguintes programas de apoio a inciativas xuvenís:

INICIATIVA XOVE
Trátase dunha  liña de axudas á mocidade comprendida entre os 18 e 30 anos para desenvolver proxectos e iniciativas de grupos que sexan de interese en calquera ámbito como, por exemplo, un documental, curta, vídeo publicitario, campaña de publicidade ou idear unha empresa.
Neste programa os mozos só poden participar ao través de asociacións xuvenís ou grupos informais (non precisan de ningunha constitución orgánica) de entre 5 e 10 membros.

XUVENTUDE CREA
Liña de apoio económico a iniciativas individuais sobre as especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e moda.
De especial interese para alumnos de 3º e 4º curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.