miércoles, 30 de octubre de 2013

ENQUISAS DE EVALUACIÓN DOCENTE. AUTO PLANIFICACIÓN

A/A PROFESORADO DA FACULTADE
Denda a Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade temos recibido o documento cos prazos para a planificación das enquisas de avaliación docente. Ante isto rogamos que introduzades día(s) e hora(s) xunto coa aula correspondente onde queredes que se vos faga a enquisa. As instruccións son as seguintes: A Guía de Planificación das EAD inclúe información detallada sobre o proceso. Esta guía pode consultarse no seguinte enlace:  http://calidade.uvigo.es/calidade_gl/documentos/Guia_Planificacion_2013-2014.pdf
Para facilitar o proceso, xa está habilitada na Secretaría Virtual a aplicación para a Planificación de Enquisas de Avaliación Docente, co obxecto de que o profesorado poida planificar de maneira persoal as enquisas das materias que imparte, concretando a data e horario de realización que lle conveña.
A ruta de acceso é a seguinte:
Páxina da UVigo – Secretaría Virtual – Control de acceso - Funcionalidades para o PDI - Planificación de Enquisas de Avaliación Docente.
Para o Control de Acceso deben introducirse os datos habituais:
- Nº Documento de identificación
- Número da tarxeta universitaria
- Contrasinal da tarxeta universitaria
O prazo de planificación individual por parte do profesorado remata o vindeiro mércores 30 de outubro.
A continuación, naqueles casos no que o profesorado non tivese planificada a realización da/s súa/s enquisa/s na dita data, o centro procederá a completar as planificacións correspondentes as súas titulacións adscritas. Unha vez cumplimentadas, cada docente poderá consultar na Secretaría Virtual os datos que lle atinxan das planificacións realizadas.
 O cronograma xeral da realización das EAD neste cuadrimestre é o seguinte:
 Planificación das enquisas


Planificación individualizada polo profesorado
23 a 30 de outubro

Revisión polos centros das planificacións realizadas
31 de outubro a 10 de novembro
Publicación da datas de realización das enquisas de avaliación docente na Secretaría Virtual
11 de novembro


Realización das enquisas:


14 de novembro a 17 de xaneiro (titulacións de grao)

14 de novembro a 31 de xaneiro (titulacións de master)
                                                                           

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.