miércoles, 30 de octubre de 2013

Prazo solicitude titor TFG

Lémbrovos que o próximo venres 1 de novembro, ás 23.55 horas, remata o prazo para enviar o formulario de solicitude de titor e de proposta temática.

Conferencia de Rafa Fortis e Javier Canle


O luns 4 de novembro Rafa Fortis e Javier Canle impartirán unha conferencia na , patrocinada por





ENQUISAS DE EVALUACIÓN DOCENTE. AUTO PLANIFICACIÓN

A/A PROFESORADO DA FACULTADE
Denda a Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade temos recibido o documento cos prazos para a planificación das enquisas de avaliación docente. Ante isto rogamos que introduzades día(s) e hora(s) xunto coa aula correspondente onde queredes que se vos faga a enquisa. As instruccións son as seguintes: A Guía de Planificación das EAD inclúe información detallada sobre o proceso. Esta guía pode consultarse no seguinte enlace:  http://calidade.uvigo.es/calidade_gl/documentos/Guia_Planificacion_2013-2014.pdf
Para facilitar o proceso, xa está habilitada na Secretaría Virtual a aplicación para a Planificación de Enquisas de Avaliación Docente, co obxecto de que o profesorado poida planificar de maneira persoal as enquisas das materias que imparte, concretando a data e horario de realización que lle conveña.
A ruta de acceso é a seguinte:
Páxina da UVigo – Secretaría Virtual – Control de acceso - Funcionalidades para o PDI - Planificación de Enquisas de Avaliación Docente.
Para o Control de Acceso deben introducirse os datos habituais:
- Nº Documento de identificación
- Número da tarxeta universitaria
- Contrasinal da tarxeta universitaria
O prazo de planificación individual por parte do profesorado remata o vindeiro mércores 30 de outubro.
A continuación, naqueles casos no que o profesorado non tivese planificada a realización da/s súa/s enquisa/s na dita data, o centro procederá a completar as planificacións correspondentes as súas titulacións adscritas. Unha vez cumplimentadas, cada docente poderá consultar na Secretaría Virtual os datos que lle atinxan das planificacións realizadas.
 O cronograma xeral da realización das EAD neste cuadrimestre é o seguinte:
 Planificación das enquisas


Planificación individualizada polo profesorado
23 a 30 de outubro

Revisión polos centros das planificacións realizadas
31 de outubro a 10 de novembro
Publicación da datas de realización das enquisas de avaliación docente na Secretaría Virtual
11 de novembro


Realización das enquisas:


14 de novembro a 17 de xaneiro (titulacións de grao)

14 de novembro a 31 de xaneiro (titulacións de master)
                                                                           

viernes, 25 de octubre de 2013

Acceso á materia TFG en FAITIC para alumnos de 4º que aínda non están non matriculados

Aqueles alumnos que vaian a desenvolver este curso o seu proxecto de TFG e que se vaian matricular da materia no prazo do segundo semestre deberán solicitar agora, igualmente, a aprobación da súa proposta temática e o titor.

Para que poidan ter acceso á información está habilitado un sistema de preinscrición na materia en FAITIC. Os pasos para inscribirse son os seguientes:


  • Acceder en FAITIC ao apartado de Preinscricións
  • Buscar o curso P04G190V01991 Traballo de fin de grao. Probablemente o atopedes con máis facilitade introducindo só o código.


  • Solicitar a preinscrición

Unha vez a preinscrición sexa aceptada, poderedes acceder aos contidos da plataforma.

lunes, 21 de octubre de 2013

Charla-coloquio informativo sobre programas de apoio económico a iniciativas xuvenís

Lémbrovos que o  mércores, 23 de outubro, ás 13.00 horas, non Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, o Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, acompañado por un técnico da Consellería de Traballo presentará os seguintes programas de apoio a inciativas xuvenís:

INICIATIVA XOVE
Trátase dunha  liña de axudas á mocidade comprendida entre os 18 e 30 anos para desenvolver proxectos e iniciativas de grupos que sexan de interese en calquera ámbito como, por exemplo, un documental, curta, vídeo publicitario, campaña de publicidade ou idear unha empresa.
Neste programa os mozos só poden participar ao través de asociacións xuvenís ou grupos informais (non precisan de ningunha constitución orgánica) de entre 5 e 10 membros.

XUVENTUDE CREA
Liña de apoio económico a iniciativas individuais sobre as especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e moda.
De especial interese para alumnos de 3º e 4º curso.

jueves, 17 de octubre de 2013

Formulario TFG

Os alumnos matriculados no TFG teñen dispoñible en FAITIC o enlace para acceder ó formulario online que deben cubrir para facer as propostas temáticas de TFG e solicitar titor. O prazo para cubrir o formulario remata o 1 de novembro.

Recoméndase que os alumnos falen antes co profesor no que teñan interese para consultar a súa dispoñibilidade.

Os alumnos que non están matriculados pero que o vaian facer no prazo que se abrirá para materias do segundo semestre tamén poden solicitar a asignación de titor e presentar a súa proposta temática.

martes, 15 de octubre de 2013

TFG: listado liñas temáticas profesores (provisional)

Os alumnos que esteades matriculados no traballo de fin de grao para o curso 2013/2014 tendes o listado provisional de liñas temáticas dos profesores na plataforma FAITIC.

Presentación e enlace blog prácticas curriculares

Pásovos o enlace da presentación sobre prácticas curriculares que fixo o profesor Jesús Pérez Seoane para os alumnos de 4º, grupo 1. En breve manterá esta reunión cos alumnos do grupo 2.

Aquí tendes tamén o enlace ao blog das prácticas.

viernes, 11 de octubre de 2013

NOVA DATA: Charla-coloquio informativo sobre programas de apoio económico a iniciativas xuvenís (23 OUTUBRO)

A charla-coloquio sobre os programas de apoio económico a iniciativas estudiantís sobre a que vos informei hai uns días posponse ata o MÉRCORES 23 DE OUTUBRO, igualmente ás 13.00 horas, por imprevistos xurdidos aos conferenciantes.

jueves, 10 de octubre de 2013

Festival de publicidade para estudantes: Drac Novell International


O 28 e 29 de novembro celébrase en Barcelona a 16º edición do Festival Drac Novel Internacional, un festival de publicidade dirixido a estudantes e que premia o talento. Este ano contará cunha importante proxección internacional, xa que ademais das unviersidades españolas participarán alumnos de facultades e escolas de deseño de Europa e América Latina.

Tendes información en www.dracnovell.com e no seguinte arquivo



Por se vos interesa o mundo audiovisual...

Non nome de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais – Xunta de Galicia), queremos informarvos da posta en marcha da 3ª Edición de AUGAL (AUdiovisual GALego), para o curso académico 2013-14.
O Proxecto Master Class AUGAL nace co obxectivo de promocionar a produción audiovisual galega feita polos novos creadores (guionistas, directores, produtores e actores), abordando os distintos ámbitos dá produción (dirección, financiamento, difusión e comercialización).
Obradoiro: Relatorio, proxección, análise e coloquio cos protagonistas)
Horario: 16.00 a 20.30h.
Calendario: Martes 15 (Outubro), Mércores 13 (Novembro), Martes 2 (Decembro), Martes 11 e 18 (Febreiro), Martes 18 (Marzo) e Martes 1 (Abril).
Matrícula: Gratuita
Lugar: Salón de Graos (3º andar)
Solicitude: 1 crédito ECTS
Periodo de matrícula: 3 ó 15 de Outubro
Entregarase Diploma de Asistencia outorgado pola AGADIC

martes, 8 de octubre de 2013

Charla-coloquio informativo sobre programas de apoio económico a iniciativas xuvenís

O próximo mércores 23 de outubro, ás 13.00 horas, non Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, o Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, acompañado por un técnico da Consellería de Traballo presentará os seguintes programas de apoio a inciativas xuvenís:

INICIATIVA XOVE
Trátase dunha  liña de axudas á mocidade comprendida entre os 18 e 30 anos para desenvolver proxectos e iniciativas de grupos que sexan de interese en calquera ámbito como, por exemplo, un documental, curta, vídeo publicitario, campaña de publicidade ou idear unha empresa.
Neste programa os mozos só poden participar ao través de asociacións xuvenís ou grupos informais (non precisan de ningunha constitución orgánica) de entre 5 e 10 membros.

XUVENTUDE CREA
Liña de apoio económico a iniciativas individuais sobre as especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e moda.
De especial interese para alumnos de 3º e 4º curso.

Convocatoria de reunións sobre os TFGs e as prácticas (alumnos de 4º curso)

Estimados alumnos, 
Convócovos ás seguintes reunións informativas. Decidimos facelas en hora de clase para facilitar a vosa asistencia:
- Alumnos que asisten á teoría de Dirección de Comunicación no grupo dos mércores: mañá 9 de outubro teremos ás 13.15 horas, na Aula 6 (horario e lugar de clase) a reunión sobre os TFGs. A información sobre prácticas recibirédela o mércores 23, tamén na hora de clase, xa que Chechu non pode antes.
- Alumnos que asisten á teoría de Dirección de Comunicación no grupo dos luns: a reunión informativa, tanto sobre TFGs como sobre as prácticas será o luns 14 de outubro ás 11.00 horas, na Aula 6.

Benvidos ao blog do Grao en Publicidade e Relacións Públicas

Inauguramos hoxe o blog da coordinación do Grao en Publicidade e Relacións Públicas. Nel daremos conta de tódalas novidades que vos afecten, reunións, conferencias, etc. Agardo que vos sexa de utilidade e que contribúa a que esteades moito mellor informados.