miércoles, 25 de noviembre de 2015

I XESCOM. Simposio Internacional sobre Gestión de la Comunicación


Os próximos venres 27 e sábado 28 de novembro a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acollerá o I Simposio Internacional sobre Xestión da Comunicación: dos medios aos metamedios.

Os alumnos do centro poderá asistir gratuitamente e obter o diploma de asistencia, inscribíndose no correo electrónico rede.xescom@gmail.com.


O programa do evento pode atoparse AQUÍ.


miércoles, 11 de noviembre de 2015

Doazón de sangue


Durante o día de hoxe, mércores 11 de novembro, o Centro de Transfusión de Galicia estará na Facultade para poñer en marcha a primeira fase da campaña de doazón de sangue. Na campaña 2014-2015 as doazóns nos centros universitarios teñen descendido un 5,89%, polo que resulta importante colaborar para manter as cifras de solidaridade que caracterizaba as facultades galegas.

Dende o Centro de Transfusión de Galicia agradecen encarecidamente a nosa participación

Conferencia Nico Casal. Xoves 12.00 horas


Remito información procedente da Delegación de Alumnos:

"Dende a delegación de alumnos organizamos unha conferencia baixo o título. "Pensa nun spot sen música, podes?" impartida por Nico Casal, compositor musical residente en Londres. Será o xoves ás 12:00 no Salón de Grados da facultade de ciencias sociais e da comunicación.

A conferencia versará sobre a importancia da música na publicidade e no audiovisual en xeral, e tratará todo o proceso de creación: dende o punto de contacto co cliente ata a peza final e todo o proceso de cambios para conseguir a peza definitiva. Analizaremos tamén varios anuncios para ver o papel da música neles.

Para que saibades algo máis sobre Nico: 

Nico Casal é pianista e compositor residente en Londres onde traballa para distintas produtoras e directores compoñendo música para cine e televisión. Un dos seus últimos traballos foi a música para a última campaña do banco HSBC para as televisións de todo o mundo e o anuncio de Gas Natural Fenosa para a Televisión de Galicia. ó mismo tiempo está finalizando a música da que será a súa terceira película, a española Se vende. Tamén compuxo música para British Airways, Discovery Channel, Adidas e Vogue, entre outros. 
O seu primero largometraxe, El Árbol Magnético, selecionado no Festival de San Sebastián e premiada no Festival de Cine de Valdivia, se estenou en cines en España e en Chile en agosto de 2014. Bestia de Cardo, a súa segunda película, acábase de estrenar no Austin Film Festival, en Texas.
Nico gana o premio de Mellor Música Promocional na oitava edición dos premios Jerry Goldsmith (xuño 2013) con “MAC, Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa“.