miércoles, 18 de marzo de 2015

Premio Contar a Ciencia

Adxunto enlace coas bases do Premio Contar a Ciencia. 

A dinámica é moi sinxela. Trátase de enviar a gciencia@gciencia.com antes do 31 de marzo unha simple proposta de traballo de formato xornalístico escrito ou audiovisual (tamén reportaxe fotográfica) sobre algunha investigación da Universidade de Vigo.

Só deben executar o proxecto os 10 seleccionados. Deles sairá un gañador e dous finalistas. Os premios son de 400 euros para o gañador e 100 para os finalistas, e unha tablet para cada un deles.

O enlace é este

Ánimo e participade.

jueves, 12 de marzo de 2015

Conferencia do director creativo Pedro Enríquez de Salamanca

Mañá venres, 13 de marzo, ás 11.00 horas, o Salón de Actos acollerá unha sesión de portas abertas do Máster en Dirección de Arte Publicitiaria.

Pedro Enríquez de Salamanca, managing director en España de Wildbytes, impartirá a conferencia: "Creación de contenidos a través de las nuevas tecnologías" e falará das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para innovar na linguaxe publicitaria e audiovisual: experiencias interactivas, eyetracking, videomapping ou realidade aumentada.

Pedro Enríquez de Salamanca é un dos directores creativos máis importantes do noso país e podedes ver o seu portfolio nesta URL: http://wildbytes.cc/works/.

lunes, 2 de marzo de 2015

FESTIVAL WE ARE ADDS

Lembrade que xa está en marcha a We Are Adds Week, no marco do festival organizado polos alumnos de Publicidade e Relacións Públicas.

¡Animádevos a participar!