lunes, 25 de noviembre de 2013

Concurso microvídeos



O Servizo de Deportes está a desenvolver un concurso orientado a mellorar a súa visibilidade nas redes sociais. Trátase dun concurso de microvídeos sobre a temática da muller no deporte. Toda a información está na páxina web: http://deportes.uvigo.es/novedades_ficha.asp?id=1692. O gañador recibirá como premio unha escapada para dúas persoas.

jueves, 21 de noviembre de 2013

TFG: asignacións defintivas de titores e propostas temáticas

Tendes colgada en FAITIC a resolución coa asignación definitiva de titores e propostas temáticas para os TFG, considerando as alegacións recibidas.

jueves, 7 de noviembre de 2013

TFG: PROPOSTAS TEMÁTICAS E ASIGNACIÓN TITORES

Tendes en FAITIC a resolución da Comisión celebrada hoxe, relativa á aprobación de propostas temáticas, asignación de titores e procedemento de alegacións.

martes, 5 de noviembre de 2013

Apertura do prazo de recepción de obras para os XII Premios Mestre Mateo // Academia Galega do Audiovisual

 A Academia Galega do Audiovisual inaugura unha nova edición dos Premios do Audiovisual Galego "Mestre Mateo", polo que dende hoxe, día 4 de novembro, ata o vindeiro venres 29 de novembro estará aberto o prazo de recepción de candidaturas.

Poden aspirar a estes galardóns as longametraxes –de imaxe real, de animación e para televisión-, documentais, series –para televisión e webs-, programa de televisión, curtametraxe –de imaxe real e de animación-, anuncio publicitario e videoclips así como os profesionais nas categorías de interpretación (masculina e feminina protagonista e de reparto), comunicador/a de televisión, dirección, guión, dirección de fotografía, dirección de arte, montaxe, realización, música orixinal, son, vestiario, maquillaxe e perruquería e dirección de produción, que participen nestas producións –agás nas curtametraxes, series webs, anuncios e videoclips- e que cumpran os requisitos das categorías específicas.

As candidaturas dos Premios Mestre Mateo poderán ser presentadas por persoas físicas ou xurídicas con dereitos sobre a obra correspondente ou por calquera académico con dereito a voto. Podedes consulta-las bases, descarga-lo formulario de inscripción e anexos e coñecer o calendario que rexerá esta edición premendo aquí.

Para calquera dúbida lembrade que podedes consultala por mail a través do enderezo premios@academiagalegadoaudiovisual.com ou nos teléfonos 981 20 83 93 // 981 22 77 01. Poderedes seguir as novas dos Premios en Facebook ou en Twitter @AcademiaGalegaA.

FESTIVAL DRAC NOVELL: ¡¡REMATA O PRAZO!!


O 7 de novembro péchase o período para enviar propostas creativas ao festival Drac Novell.
As categorías de planificación de medios e creatividade 24 h son as únicas que manterán aberta a inscrición ata o día 14 de novembro e 26 de novembro respectivamente.