O obxectivo do programa será a asignación individual dun mentor ou mentora profesional co que compartir en primeira persoa a súa labor na empresa durante unha xornada laboral, o que permitirá aos e ás estudantes adquirir coñecementos e competencias a desenvolver para acceder en mellores condicións ao mercado de traballo.
O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 3 de outubro, e poden presentarse todos os matriculados na actualidad no último curso de calquera dos grados que se imparten na UVigo.
Tedes toda a información na páxina da Convocatoria da selección aloxada na web da Universidade.