viernes, 21 de marzo de 2014

Prazo de presentación de candidaturas de estudantes á Xunta de Facultade ata o martes 25 de marzo


O próximo martes, 25 de marzo, remata o prazo para presentar as candidaturas de estudantes para a Xunta de Facultade.

Lembrade que na Xunta de Facultade pode haber ata 18 representantes de alumnos dos tres graos que se imparten no centro.

Se estades interesados en presentarvos só tendes que cubrir o impreso correspondente en Decanato (3º andar).

No caso de que haxa máis candidatos que postos vacantes, a votación terá lugar o día 9 de abril. Tendo en conta a relevancia da vosa presencia nesta Xunta anímovos a presentar as vosas candidaturas, sobre todo aos alumnos de 1º e 2º curso, xa que a elección faise para un período de dous anos. As obrigas dos alumnos que sexan elixidos consisten en asistir ás reunións da Xunta de Facultade (polo xeral, dúas ou tres por semestre), votar nas cuestións que alí se traten en representación dos restantes compañeiros e expoñer as suxestións, consultas ou peticións que consideredes oportuno.



Oferta de prácticas

Remítovos esta información que me facilitou a profesora Beatriz Legerén, dirixda a especialmente a alumnos de terceiro e cuarto de Publicidade e Relacións Públicas

"Productora de eventos, marketing y comunicación de la ciudad de Ferrol, selecciona personal para ampliar su equipo de trabajo. Se busca persona polivalente con perfil creativo y dinámico. Se valoran conocimientos, experiencia y aptitudes en:
- Generación de ideas.
- Diseño y gestión de proyectos.
- Comunicación y relaciones públicas.
- Producción técnica y artística de eventos.
Incorporación inmediata. Contrato a tiempo parcial para los meses de Abril
y Mayo prorrogable a jornada completa hasta Septiembre."
Interesados enviar cv a blegeren@uvigo.es antes del miércoles dia 26 de marzo

jueves, 13 de marzo de 2014

Renovación da acreditación do Grao en Publicidade e Relacións Públicas: visitas os días 22 e 23 de abril

Estimados alumnos,

Ao longo dos próximos días os vosos titores de curso informaranvos do proceso de renovación de acreditación do título no que está inmersa a Facultade.

Tódolos títulos oficiais do sistema universitario español deben renovar cada seis anos a súa acreditación ante a ACSUG (Axencia de Calidade do Sistema Universitario Galego) para poder continuar impartíndose. A pesar de que ó noso Grao aínda non lle correspondería acadar esta acreditación, o centro está incluído nun programa piloto da ACSUG polo que se adianta este proceso para tódalas titulacións que aquí se imparten.

Polo tanto, os días 22 e 23 de abril recibiremos a visita dun Comité Avaliador que se encargará de verificar se o título se está desenvolvendo correctamente, conforme ao establecido na Memoria aprobada no seu momento pola ANECA (Axencia Nacional de Evaluación de la Calidad). Para iso, ademais de revisar documentación, manterá entrevistas e reunións con tódolos colectivos implicados no desenvolvemento do Grao, incluídos vós, os alumnos.

Desde a Coordinación do Grao prégovos a máxima colaboración neste proceso, no que somos pioneiros e que resulta de vital importancia para a proxección da Facultade, do título e, xa que logo, do voso futuro como graduados do centro.

Axúntovos o cartel informativo que veredes nas paredes a partir dos próximos días.


Elección de representantes de alumnos en Xunta de Facultade

O día 9 de abril de 2014 os alumnos teredes a oportunidade de elixir os vosos representantes na Xunta de Facultade, o órgano no que se toman tódalas decisións relevantes do centro. Tendo en conta a relevancia da vosa presencia nesta Xunta anímovos a presentar as vosas candidaturas, sobre todo aos alumnos de 1º e 2º curso, xa que a elección faise para un período de dous anos.

As obrigas dos alumnos que sexan elixidos consisten en asistir ás reunións da Xunta de Facultade (polo xeral, dúas ou tres por semestre), votar nas cuestións que alí se traten en representación dos restantes compañeiros e expoñer as suxestións, consultas ou peticións que consideredes oportuno.

Dende hoxe, 13 de marzo, podedes comprobar no taboleiro de Decanato se estades incluídos no censo provisional, tanto para poder votar como para poder presentar candidatura. Se non estades, podedes reclamar entre o 14 e o 19 de marzo.

Os que queirades presentar a vosa candidatura podedes facelo entre o 20 e o 25 de marzo.


Tendes detalladas as principais datas do proceso no seguinte DOCUMENTO

miércoles, 5 de marzo de 2014

Prácticas para alumnos 3º curso

Remito a mensaxe que Jesús Pérez Seoane, coordinador de prácticas, nos envía para os alumnos de 3º curso:

A continuación se indican tres opciones para que aquellos estudiantes de 3º de Publicidad y RR.PP. que lo deseen puedan realizar prácticas DURANTE el segundo cuatrimestre:

1. ASOCIACIÓN BOA VIDA: Colaborar con una ONG local en la realización de una campaña para el reciclaje de ropa. La iniciativa es muy buena y tiene bastante buena pinta. Los interesados tendrían que hacer todo: gestionar la comunicación, diseño, etc. Piden voluntarios para trabajar. O sea, que podemos hablar de una persona, de dos o de 10. Las prácticas no serán remuneradas.

2. ASOCIACIÓN MARÍN PRO RIDERS: Colaborar con una Asociación de Marín en la promoción de los deportes urbanos: skate, bmk, parkour, etc. Buscan a un alumno/a o grupo de alumnos que le desarrollen un plan de comunicación y les hagan cuantas propuestas quieran en materia de comunicación (incluso, si alguno se lo plantea, podría hacer de estas prácticas su proyecto de frin de grado de cara al año que viene). Las prácticas no serán remuneradas.
3. CLUB DE AJEDREZ UNIVERSIDADE DE VIGO. Este club busca a una persona que le realice un plan de comunicación y, en la medida de sus posibilidades lo ejecute con el fin de mejorar su comunicación e imagen. Las prácticas no serán remuneradas.
En los tres casos, el inicio es ya mismo. La flexibilidad horaria total y no impedirá que sigáis asistiendo a clase.
Plazo de inscripción: LAS PERSONAS INTERESADAS TENDRÁN COMUNICÁRSELO AL COORDINADOR DE PRÁCTICAS CHECHU PÉREZ, COMO MUY TARDE, EL JUEVES DÍA 6 A LAS 21.00h. Email: jpseoane@uvigo.es

De cara a verano (finales de mayo) se publicará una convocatoria de prácticas contándoos lo que hay para los meses de junio-julio y agosto.

Saúdos