viernes, 16 de diciembre de 2016

PREMIOS INCUVE

A Área de Emprego e Emprendemento informa que:

O día 15 de decembro de 2016 publicouse a convocatoria da VI Edición de INCUVI-Emprende co obxecto de fomentar o espírito emprendedor entre estudantes e persoas egresadas a través un concurso de ideas que proporcione a proxectos emprendedores dos tres campus da Universidade de Vigo un programa de preincubación dun ano de duración.

PREMIOS
O número total de proxectos premiados corresponderá co número de espazos ofertados nas preincubadoras existentes en cada un dos campus da Universidade de Vigo:
  • Campus de Vigo, 6 espazos
  • Campus de Ourense, 4 espazos
  • Campus de Pontevedra, 2 espazos
O premio consistirá na incorporación a un programa dun ano de duración no que se desenvolverán actividades formativas e de asesoramento e titorización dos proxectos, así como a subvención, durante o mesmo período, dos custos de estadía nun espazo de traballo na preincubadora do campus correspondente. 

PERSOAS DESTINATARIAS
Poderán presentar as súas ideas a concurso:
  1. Estudantes da Universidade de Vigo que estean cursando estudos de primeiro, segundo ou terceiro ciclo, grao ou mestrado.
  2. Persoas tituladas pola Universidade de Vigo no curso 2013/2014 ou posteriores.
Poderán presentarse a concurso iniciativas que desenvolvan proxectos de emprendemento en calquera das ramas de coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade de Vigo.
Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de 4 persoas.

PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 2 de febreiro de 2017.


BASES
As bases da convocatoria están dispoñibles na web http://emprego.uvigo.es/emprego_gl/emprendemento/incuvi/

jueves, 15 de septiembre de 2016

Asignación de grupos actualizada

Podedes acceder neste enlace á asginación de grupos de 1º, 2º e 3º curso. Avisádeme se detectades algún problema.

Saúdos

Mabel

miércoles, 14 de septiembre de 2016

Planificacións docentes

Estimados alumnos, 

Podedes acceder neste enlace ás planificacións docentes das materias do primeiro cuadrimestre.

Saúdos

viernes, 9 de septiembre de 2016

lunes, 5 de septiembre de 2016

Segundo prazo preinscrición materias optativas (4º curso)

Hoxe abre o segundo prazo de preinscrición en materias optativas. Os alumnos que teñades que preinscribirvos e que atopedes algún problema co acceso a este proceso na Secretaría Virtual, contactade conmigo por correo electrónico.

Un saúdo

Asignación provisional de grupos para alumnos de 1º, 2º e 3º

Estimados alumnos, 

Podedes acceder AQUÍ á asignación provisional de grupos para os cursos de 1º, 2º e 3º. 

Os grupos créanse por orde alfabética seguindo como criterio o equilibrio no número de alumnos. No caso dos alumnos de 1º e 2º curso, as listas aparecen detalladas cos nomes dos alumnos matriculados. No caso dos alumnos de 3º curso mantéñense os grupos do curso anterior, cos cambios e permutas que se realizaron no seu momento.

No documento tendes toda a información relativa ao procedemento e o link ao formulario de reclamación. O prazo finaliza o día 12 ás 14.00 horas.

jueves, 1 de septiembre de 2016

Preinscrición e matrícula en setembro de materias optativas de 4º curso

Estimados alumnos de 4º curso, prego leades atentamente e difundades esta información:

1. Os alumnos que fixeron a preinscrición das materias optativas en xullo pero que por motivos de traslado de expediente non puideron matricularse en agosto deben enviarme canto antes un mail cos seus datos (nome e apelidos, DNI e materias que tiñan autorizadas) para conservar a preinscrición nestas materias e poder matricularse delas no prazo que corresponda. Aínda que algúns de vós xa mo comunicastes, dado o volume de correos atrasados que teño, é preferible que mo volvades enviar.

2. Os alumnos que non fixeron a preinscrición, deben facela na Secretaría Virtual entre o 5 e o 9 de setembro. Só poderán preinscribirse das materias nas que haxa praza dispoñible. Despois da asignación, terán que matricularse no prazo que corresponda.

Se tendes calquera dúbida con respecto ao proceso, o meu horario de titorías ata o comezo das clases será os luns e xoves de 10.30 a 13.30 horas.

miércoles, 27 de julio de 2016

Asignación materias optativas

Estimados alumnos que rematastes 3º curso,

Tendes AQUÍ a asignación de materias optativas. Avisádeme se detectades algunha incidencia.

Saúdos

martes, 12 de julio de 2016

BOLSAS FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO

A Fundación Universidade de Vigo (campus de Vigo) vén de convocar dúas bolsas de colaboración para alumnos, destinadas a desenvolver labores de comunicación.

Poden optar a elas, entre outros, alumnos de Publicidade e Relacións Públicas que estean matriculados no curso 2016/2017 (é suficiente con estar matriculado, por exemplo, do TFG) e que teñan superado alomenos o 75% dos créditos do título.

O prazo de solicitude remata o 7 de setembro de 2016.

Tendes aquí a CONVOCATORIA con toda a información.

Saúdos

viernes, 1 de julio de 2016

Prazo preinscrición materias optativas 4º curso

Hoxe ábrese o prazo de preinscrición de materias optativas de 4º curso. Podedes acceder ao formulario a través da vosa secretaría virtual e ata o día 12 de xullo.

Lembrade que se non facedes a preinscrición non poderedes matricularvos das materias correspondentes no mes de agosto.

Saúdos

viernes, 27 de mayo de 2016

Enquisas de avalición satisfacción coa titulación

O próximo martes remata o prazo para responder a enquisa de avaliación da satisfacción coas titulacións.

Esta enquisa está dirixida a alumnos de 3º curso pero tamén a outros alumnos que por algunha razón teñan algunha materia de 3º matriculada.

A enquisa respóndese a través da secretaría virtual.

Polo momento temos 42 respostas de 132 posibles, polo que a porcentaxe de participación segue sendo moi baixa.

Anímovos a que participedes para que os datos que obteñamos sexan significativos e útiles para mellorar a titulación.

Saúdos

jueves, 26 de mayo de 2016

lunes, 9 de mayo de 2016

Recordatorio datas importantes TFG

Fechas de defensa y entrega de los Trabajos Fin de Grado
Calendario de deposito y defensa de los Trabajos Fin de Grado
Curso 2015/2016
(Aprobado en la Comisión Académica del 28 de enero de 2016) 


Convocatoria de Mayo/Junio

27 de mayo. Entrega del TFG al tutor
1 de junio. Entrega por registro del TFG
16 y 17 de junio. Tribunales de defensa de los Trabajos de Fin de Grado

Convocatoria de Julio

6 de julio. Entrega del TFG al tutor
13 de julio. Entrega por registro del TFG
27 y 28 de julio. Tribunales de defensa de los Trabajos de Fin de Grado

martes, 26 de abril de 2016

Enquisa avaliación satisfacción (3º curso)

Estimado alumnado de 3º curso,

Está aberto o prazo para cubrir a enquisa de avaliación da satisfacción coas titulacións oficiais da Universidade de Vigo. 

Para realizar a enquisa está habilitada unha plataforma informática en secretaría virtual: https://seix.uvigo.es/uvigo.sv/ . enquisa é anónima e confidencial. 

Por favor, accedede á aplicación e cubrídea canto antes.

Saúdos

martes, 19 de abril de 2016

Conferencia "O proceso de transformacións dixitais na televisión"

Mañá mércores, ás 10 da mañá no Salón de Graos, teremos a conferencia 


"O proceso de transformacións dixitais na televisión" a cargo de 

José Manuel González Pacheco, Director Xeral de Atresmedia Dixital.

O acto encádrase dentro das actividades da Semana da Creatividade organizada dende a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Acceso libre ata completar aforo.

lunes, 29 de febrero de 2016

Convocatoria de ideas Espazo CreActivo

O Concello de Pontevedra, coa colaboración da Vicerreitoría do Campus, promove un concurso de ideas para o embelecemento, reutilización e dotación de contidos do Espazo CreActivo da rúa Santa Clara.

Unha das categorías do concurso é comunicación e identidade gráfica do espazo e está previsto, como nas outras categorías, un premio de 500 euros máis os gastos de execución. Poden presentarse proxectos individuais ou grupais.

O deseño da identidade corporativa que gane levarase á práctica baixo a tutela dunha axencia en Pontevedra.

A convocatoria está aberta a alumnos matriculados en calquera titulación de Grao e Posgrao do Campus de Pontevedra e o prazo remata o 31 de marzo.

Adxunto o cartaz e a convocatoria.


miércoles, 24 de febrero de 2016

Semana WAA

A próxima semana terá lugar o programa de actividades do festival We Are Adds, que culmina o xoves 3 de marzo cunha Gala de entrega de premios e o posterior "Waateque".

Por outra banda, desde hoxe mesmo e ata o venres 26 pódese votar polo Gran Premio do Público na casa das Campás en horario de 10 a 19. Pode facelo calquera persona presentando o DNI.

lunes, 15 de febrero de 2016

WAA necesita voluntarios e voluntarias!


Reenvíovos esta mensaxe dos organizadores do festival We Are Adds. Precisan a colaboración de alumnos e alumnas para labores de organización e asistencia nos seus eventos.

"Dende a organización de We Are Ads imos necesitar un pouco de axuda. Os preparativos xa están chegando ó seu fin, a Gala WAA aproxímase, e agora máis que nunca imos necesitar a túa colaboración. Buscamos alumnos e alumnas da facultade que queiran botar unha man na organización e protocolo das próximas actividades. Igual que fixemos o ano pasado con motivo da I Edición, o único que necesitamos é vontade de axudar. 

As datas nas que te necesitamos son: 

- 22, 23, 24, 25 e 26 de Febreiro para organizar a exposición das pezas finalistas e proceder ó acto de votación do GRAN PREMIO DO PÚBLICO.

 - Do 29 de Febreiro ao 3 de Marzo, durante a WAAWeek e Gala WAA. 

Como moitos sabedes, a WAAWeek é unha semana chea de actividades, conferencias, talleres e moita moita comunicación. Por iso, imos necesitar xente que nos axude nas tareas esenciais da organización dun evento. Finalmente, a Gala WAA son para moitos de nos o máis parecido aos Oscar. Así que, a pesar de non contar con alfombra vermella, imos necesitar acomodar aos asistentes e axudar para que ese día todo vaia sobre rodas. 

Como xa sabedes, todo o que facemos é por e para os alumnos da Facultade, así que nos encantaría contar contigo para estas datas. Se estás interesado, envía un mail a informawaa@gmail.com co teu nome, apelidos e curso no que estás a estudar. Vémonos! We Are Ads"

miércoles, 27 de enero de 2016

Mensaxe de We Are Adds (WAA): remata o prazo o día 30

O día 30 deste mes pecha o plazo para participar no concurso que WAA organiza no campus de Pontevedra. Participar é moi sinxelo (vía mail) e podes enviar traballos que fixeras para clase ou proxectos persoais, tanto individuais como en grupo. Ademáis temos 11 categorías diferentes con moitos premios: Spot, cuña, stop motion, gráfica, galicia, ventana virtual,  fotografía publicitaria, acción de RRPP, trailer/teaser e categoría solidaria. Lembramos que a entrega de pezas non está limitada, polo que unha mesma persoa pode presentar varias propostas.

Para máis información entra na nosa web ou escríbenos atrabajoswaa@gmail.com
Moita sorte a todos!

lunes, 25 de enero de 2016

Xoves 28, lectivo. Venres 29, festivo.

Estimados alumnos,

O próximo venres 29 de xaneiro non haberá clase por trasladarse a esta data a celebración do patrón da Universidade, Santo Tomé de Aquino.

O xoves 28, en cambio, sí é lectivo.

Saúdos

jueves, 21 de enero de 2016

Planificacións docentes 2º semestre

Estimados alumnos,

Neste ENLACE podedes acceder ás planificacións docentes das materias para o segundo semestre.

Lembrade que estas planificacións son orientativas e poden estar suxeitas a modificacións en función de diferentes circunstancias que alteren o curso normal da docencia.

As planificacións das materias que faltan serán facilitadas directamente polos docentes.


Presentación premios INCUVI- Emprende

Mañá venres 22 de xaneiro ás 10:00, no salón de graos da Escola de Enxeñería Forestal, preséntanse os premios INCUVI-Emprende, destinados a promover e premiar a elaboración dunha idea de negocio creativa. 
Se sodes alumnos de 4º curso e tendes algunha idea de emprendemento de cara ao próximo ano é moi interesante que asistades a esta presentación.

lunes, 18 de enero de 2016

Cambio en presentacións 3º curso


A presentación da materia  "Teoría da comunicación electoral e institucional", prevista para o vindeiro venres 22 ás 11.00 horas, posponse ata a primeira clase teórica con cada grupo, xa que o profesor ten que formar parte dun tribunal de tese noutra universidade nesa data.

jueves, 14 de enero de 2016

CAMBIO EN PRESENTACIÓNS PRIMEIRO CURSO

Estimados alumnos de primeiro curso,

A presentación da materia  "Historia da Propaganda e da Publicidade", prevista para o vindeiro xoves 21 ás 11.00 horas, posponse ata a primeira clase teórica, xa que o profesor ten que formar parte dun tribunal de tese na Universidade de Málaga nesa data.

Para evitar que teñades que agardar unha hora, a presentación da materia "Teoría e práctica das relacións públicas", que imparto eu mesma e que estaba prevista para as 12.00 horas, adiántase ás 11.00 horas.

Polo tanto, as presentacións para o día 21 quedan:

10.00 horas: Fundamentos de organización e xestión empresarial
11.00 horas: Teoría e práctica das relacións públicas

Saúdos

Mabel Míguez