miércoles, 26 de noviembre de 2014

Actividades vixésimo aniversario

Estimados alumnos,

Como sabedes mañá xoves celebramos o vixésimo aniversario da Facultade cun programa de actividades no que é fundamental a vosa colaboración.

Ás  12.00 da mañá terá lugar o acto institucional, no que se repasará a historia da Facultade, e ó que estades todos convidados. 

Pola tarde, á partir das 16.00 horas, están previstas varias conferencias nas que participarán profesionais de moito prestixio como Allan Batievsky, Jorge Tompo ou Isabel Bagaza.

Por último, a partir das 18.30 horas, terá lugar unha actividade especial, na que se reuniran trinta titulados do centro que están desenvolvendo con éxito a súa actividade profesional para organizar, co alumnado actual, unha sesión de speed dating. Os titulados estarán sentados (e identificados) en mesas independentes intercambiando experiencias cos estudantes actuais (que irán rotando de posto en posto). Unha oportunidade única e innovadora de sentarse, fronte a fronte, ante profesionais que hai poucos anos tiñan as mesmas dúbidas e incertidumes que o alumnado actual.

Falamos, en definitiva, dunha xornada de especial interese que para ser un éxito necesita a activa participación dos estudantes, polo que pregamos tamén de forma especial a vosa colaboración.

Aquí tendes o ENLACE co programa da xornada.

viernes, 14 de noviembre de 2014

lunes, 10 de noviembre de 2014

Novos perfís en redes sociais da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Xa podedes seguir á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra a través de Facebook e Twitter (@vicerreitoríaPO).


A Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás) é unha organización institucional pertencente á Universidade de Vigo. A súa función principal é a difusión e realización de actividades culturais e deportivas de todo tipo relacionadas coa comunidade universitaria e os seus arredores.
Realízanse actividades de todo tipo: conferencias, cursos, convocatorias de bolsas e/ou concursos, talleres... Tamén exposicións, ciclos de cine, concertos e outras actividades vinculadas coa vida universitaria da cidade de Pontevedra.

O obxectivo da creación destes novos canles nas principais redes sociais do mercado (Facebook e Twitter) é lograr unha maior difusión das actividades que se realizan no seo do Campus Universitario de Pontevedra, ademáis de outras de organización vinculadas ou non á propia universidade.

Toda a información que poida ser susceptible de ser de interese cara ao alumnado do Campus de Pontevedra será publicada nos seguintes perfís en redes sociais:

En Facebook baixo a creación da páxina con nome de usuario Vicerreitoría do Campus de Pontevedra ou a través da seguinte ligazón:https://www.facebook.com/pages/Vicerreitor%C3%ADa-do-Campus-de-Pontevedra/298928946967364?sk=timeline

En Twitter baixo o nome de usuario @vicerreitoriaPO ou a través da seguinte ligazón:https://twitter.com/vicerreitoriaPO




OFERTA DE PRÁCTICAS: CULTURAL 2014

Búscanse estudantes para colaborar na organzación da feira Culturgal 2014, que terá lugar en Pontevedra entre o 5 e o 7 de decembro.

ACTIVIDADES A DESENVOLVER:
1) Protocolo, RR.PP. e atención de asistentes;
2) Community manager e dinamización da feira e das súas actividades nas redes sociais.

* Non existe a posibilidade de convalidalas como prácticas curriculares.

DATA MÁXIMA PARA INSCRIBIRSE: Martes 11 de novembro ás 12:00hrs.

Os interesados deben escribirlle a Chechu Pérez: jpseoane@uvigo.es enviándolle 

1) CV
2) expediente académico 
3) xustificante de matrícula (sácase de secretaría virtual).

jueves, 6 de noviembre de 2014

Nova coordinadora de traballos de fin de grao

Desde onte, a profesora Carmen López de Aguileta é a nova coordinadora de traballos de fin de grao do título, polo que vos pregaría que vos dirixades a ela se tendes calquera consulta relativa a este tema. 

Cualificacións traballos de fin de grao de outubro

As cualificacións dos traballos de fin de grao defendidos na convocatoria de outubro están dispoñibles en FAITIC.

Saúdos