martes, 22 de diciembre de 2015

PREMIOS INCUVI-EMPRENDE

Para fomentar o espírito emprendedor no colectivo universitario, a Universidade de Vigo, a Cidade Universitaria, Aje Pontevedra, TECNÓPOLE e a Fundación Universidade de Vigo convocan a 5ª Edición dos premios INCUVI-Emprende. Toda a información relativa a ditos premios pode consultarse no seguinte enlace:
Ofertaránse 12 premios: 6 no campus de Vigo, 4 en Ourense e 2 en Pontevedra. Este premios consisten nunha subvención dos custes de estadía por un período máximo dun ano nun dos espazos da pre-incubadora de negocios INCUVI. Tamén terán a súa disposición, o longo do ano 2016, un equipo de asesoramento xurídico-empresarial e un programa formativo integrado por distintos obradoiros e conferencias impartidas por profesionais de distintos sectores empresariais.
Todo elo co obxectivo de que maduren os seus proxectos empresariais e, finalmente, acaben formalizando a constitución das súas empresas.

jueves, 10 de diciembre de 2015

WAA: deseño da camiseta

Mensaxe da organización de We Are Adds (WAA):

Deseñadores e deseñadoras! Amantes das artes gráficas! Esta é unha mensaxe para vos!
Queredes deseñar a camiseta de We Are Ads? Estaríamos moi contentos de contar con todas as vosas super ideas!
Unicamente tedes que enviar a vosa proposta en PNG ao email: trabajoswaa@gmail.com antes do 8 de xaneiro!
Para máis información podedes consultade as bases na nosa web:http://weareads.wix.com/waafest
Animádevos!

miércoles, 9 de diciembre de 2015

Xestión de crise: A crise das preferentes en Novacaixagalicia


Mañá xoves 10 de decembro, ás 11.30 horas  no Salón de Graos, Manuel V. Sola desenvolverá unha sesión sobre comunicación de crise. 

O evento ten entrada libre ata completar aforo


CARTEL

Speed dating con egresados

Hoxe mércores, 9 de decembro, os alumnos que esteades interesados podedes acudir a partir das 12.00 horas á primeira planta da Facultade para manter unha sesión en formato de speed-dating con antigos alumnos do centro. Teredes uns minutos para falar con cada un deles e preguntarlles pola súa experiencia profesional.

AQUÍ podedes acceder ao cartel do evento, co nome e posto que ocupan actualmente estes profesionais

miércoles, 25 de noviembre de 2015

I XESCOM. Simposio Internacional sobre Gestión de la Comunicación


Os próximos venres 27 e sábado 28 de novembro a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acollerá o I Simposio Internacional sobre Xestión da Comunicación: dos medios aos metamedios.

Os alumnos do centro poderá asistir gratuitamente e obter o diploma de asistencia, inscribíndose no correo electrónico rede.xescom@gmail.com.


O programa do evento pode atoparse AQUÍ.


miércoles, 11 de noviembre de 2015

Doazón de sangue


Durante o día de hoxe, mércores 11 de novembro, o Centro de Transfusión de Galicia estará na Facultade para poñer en marcha a primeira fase da campaña de doazón de sangue. Na campaña 2014-2015 as doazóns nos centros universitarios teñen descendido un 5,89%, polo que resulta importante colaborar para manter as cifras de solidaridade que caracterizaba as facultades galegas.

Dende o Centro de Transfusión de Galicia agradecen encarecidamente a nosa participación

Conferencia Nico Casal. Xoves 12.00 horas


Remito información procedente da Delegación de Alumnos:

"Dende a delegación de alumnos organizamos unha conferencia baixo o título. "Pensa nun spot sen música, podes?" impartida por Nico Casal, compositor musical residente en Londres. Será o xoves ás 12:00 no Salón de Grados da facultade de ciencias sociais e da comunicación.

A conferencia versará sobre a importancia da música na publicidade e no audiovisual en xeral, e tratará todo o proceso de creación: dende o punto de contacto co cliente ata a peza final e todo o proceso de cambios para conseguir a peza definitiva. Analizaremos tamén varios anuncios para ver o papel da música neles.

Para que saibades algo máis sobre Nico: 

Nico Casal é pianista e compositor residente en Londres onde traballa para distintas produtoras e directores compoñendo música para cine e televisión. Un dos seus últimos traballos foi a música para a última campaña do banco HSBC para as televisións de todo o mundo e o anuncio de Gas Natural Fenosa para a Televisión de Galicia. ó mismo tiempo está finalizando a música da que será a súa terceira película, a española Se vende. Tamén compuxo música para British Airways, Discovery Channel, Adidas e Vogue, entre outros. 
O seu primero largometraxe, El Árbol Magnético, selecionado no Festival de San Sebastián e premiada no Festival de Cine de Valdivia, se estenou en cines en España e en Chile en agosto de 2014. Bestia de Cardo, a súa segunda película, acábase de estrenar no Austin Film Festival, en Texas.
Nico gana o premio de Mellor Música Promocional na oitava edición dos premios Jerry Goldsmith (xuño 2013) con “MAC, Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa“.

miércoles, 21 de octubre de 2015

Convocatoria de bolsa para a axuda á integración

A Universidade de Vigo convoca unha bolsa para a axuda á integración dunha persoa con necesidades educativas especiais. Poderá ser solicitada por alumnos de 1º curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas e o prazo remata o día 27 de outubro.

MÁIS INFORMACIÓN


martes, 20 de octubre de 2015

III Xornadas de Fundraising e Mecenado

A Reitoría e o Consello Social da Universidade de Vigo organizan as III Xornadas de fundraising e mecenado os días 22 e 23 de outubro na sede da Fundación Barrié en Vigo (Policarpo Sanz, 31, 36202 Vigo).

As persoas interesadas en participar deben rexistrarse na WEB das xornadas, na que poden atopar toda a información.

miércoles, 14 de octubre de 2015

Ciclo Cero Violencia Viaria


Hoxe mércores comeza o Ciclo Cero Violencia Viaria, organizado polo Concello de Pontevedra, a Policía Local e a Dirección Xeral de Tráfico e aberto a tódalas persoas que desexen asistir.

Inclúe un programa de actividades e conferencias que se desenvolverán no campus tódolos mércores ata o 11 de novembro. 

Podedes atopar máis información no seguinte ENLACE





martes, 13 de octubre de 2015

Sesión formativa sobre recursos da biblioteca

Estimados alumnos e alumnas de 1º curso, 

A próxima semana terá lugar unha sesión formativa sobre os recursos da biblioteca para os estudantes de 1º curso do Grao. Para facilitar a asistencia, a sesión impartirase dúas veces:

- O martes 20 de outubro, de 16.00 a 18.00 horas

  ou

- O mércores 21 de outubro, de 16.00 a 18.00 horas

Se estades interesados en asistir debedes inscribirvos a través do seguinte FORMULARIO, indicando os vosos datos e o día en que ides asistir á sesión.

Tendes máis información no seguinte ENLACE

viernes, 11 de septiembre de 2015

Información sobre TFG

Estimados alumnos matriculados en TFG,

Nestes momentos estamos pendentes do nomeamento dun novo coordinador de traballos de fin de grao. Entre tanto, tende en conta as seguintes indicacións:

- Alumnos matriculados na convocatoria de outubro: aínda que as datas non están aprobadas, prevese que a data límite de entrega dos proxectos por rexistro sexa o 23 de outubro e que as defensas teñan lugar entre os días 2 e 6 de novembro, en función da dispoñibilidade do tribunal (dado que é período docente).

- Alumnos matriculados para as convocatorias de maio e xullo: o proceso de asignación de titores comezará, previsiblemente, ao longo do mes de outubro. Nembargantes, é conveniente que vaiades pensando xa en temas e propostas concretas que vos gustaría desenvolver no voso traballo de fin de grao e nos posibles titores.

Toda a información sobre traballos de fin de grao canalizarase a través da plataforma FAITIC, polo que é conveniente que accedades a ela polo menos unha vez para figurar na lista de avisos.

Saúdos

Mabel Míguez

ASIGNACIÓN GRUPOS ACTUALIZADA

Estimados alumnos,

- Neste ENLACE podedes acceder aos grupos actualizados de 1º curso. Lembrade que os alumnos que me indicastes que ides facer un cambio de matrícula para pasar de Linguaxe publicitario en Galego a Castelán ou viceversa debedes efectuar esa modificación en administración no prazo habilitado ao efecto (consultade en administración). 

- Neste ENLACE podedes acceder aos grupos actualizados de 4º curso. Lembrade que aqueles alumnos que accedestes ás materias polo proceso de preinscrición de setembro e aqueles que pedistes algún cambio xustificado de optativa que queda recollido nesta asignación, debedes formalizar a matrícula ou o cambio en adminsitración no prazo habilitado ao efecto.

- Como xa se indicou no documento anterior, os grupos de 2º e 3º curso permanencen, inicialmente, como no curso anterior. Non dispoño de listados completos, polo que calquera posible modificación debedes xestionala co profesorado das materias. Concretamente, no 2º curso a profesora Pilar García Soidán estase ocupando de elaborar un listado detallado, dado que ten limitacións de postos nas aulas de informáticas, polo que antes de facer calquera modificación contactade con ela.

Enviádeme algún mail canto antes se detectades algún erro. Para os cursos de 1º e 4º non se atenderán xa novas solicitudes de permuta ou cambio de grupo ou materia.

martes, 8 de septiembre de 2015

Planificacións docentes

Estimados alumnos,


No seguinte ENLACE tendes colgadas as planificacións docentes das materias deste cuadrimestre. Lembrade que son planificacións orientativas e que poden variar en función de diversas circunstancias que alteren o curso da docencia. As planificacións que faltan serán facilitadas polos docentes na aula.


miércoles, 2 de septiembre de 2015

Asginacións provisionais a grupos

Estimados alumnos,

Nos seguintes enlaces podedes acceder á asignación provisional a grupos nos diferentes cursos. Como veredes no documento, tendes ata o día 7 para reclamar calquera incidencia e deberedes facelo a través do formulario dispoñible na dirección http://goo.gl/forms/y0RTd2HVq4

Grupos de alumnos 1º, 2º e 3º curso

Grupos de alumnos 4º curso


Esta información remitirase a Decanato para que sexa colgada tamén no taboleiro de anuncios.

Presentación curso 2015-2016

Estimados alumnos de 1º curso,

Déixovos neste ENLACE a presentación desta mañá.

Para calquera cuestión, podedes contactar comigo no mail mabelm@uvigo.es.

O meu despacho é o 313 (terceiro andar). Esta semana poderedes atoparme o venres a partir das 10.30. A partir da próxima semana o meu horario de atención será:

Luns de 9.30 a 11.00 horas e de 16.00 a 17.30 horas
Mércores de 9.30 a 11.00 horas
Xoves de 9.30 a 11.00 horas

martes, 1 de septiembre de 2015

Comezo do curso 2015-2016

Estimados alumnos,

Esta semana comeza o curso académico 2015-2016.

O mércores, 2 de setembro, terá lugar o acto de presentación para alumnos de primeiro curso. Os días 3 e 4 de setembro, presentaranse as materias do primeiro cuadrimestre, dacordo co calendario que tendes colgado na páxina web da Facultade. A próxima semana comezarán xa as sesións teóricas con total normalidade e na semana do 14 de setembro darán comezo tamén as clases prácticas.

Mañá mesmo colgarei no blog a composición provisional dos grupos teóricos e prácticos, para que saibades qué horario vos corresponde. Haberá un prazo para reclamacións a través dun formulario online e a finais da próxima semana publicarase a configuración definitiva de grupos.


No caso dos alumnos de 4º curso, o venres aproveitarei a hora de presentación da materia de Dirección de Comunicación para, unha vez presentada ésta e antes de que comece a seguinte presentación, manter a primeira sesión de PAT (Plan de Acción Titorial), na que resolveremos as dúbidas que teñades sobre grupos, preinscricións, etc.




Saúdos e benvidos
Mabel Míguez

Preinscrición materias optativas (setembro)

Estimados alumnos,

Aqueles de vós que comecedes agora o 4º curso e que non fixestes a preinscrición de materias optativas no mes de xullo (e que, por tanto, non vos puidestes matricular delas en agosto), tendes agora un segundo prazo de preinscrición.

Prazo: 3-8 de setembro.

Lugar: Secretaría Virtual.

Procedemento: o alumno debe marcar tódalas optativas nas que aínda queden prazas dispoñibles por orde de preferencia.

Entre os días 9 e 12 de setembro publicarase o listado de asignacións. Deberedes formalizar a matricula nas materias asignadas no prazo establecido en administración (consultar en administración) para os cambios de matrícula.


Normativa: ENLACE

lunes, 6 de julio de 2015

RECORDATORIO. Preinscrición materias optativas

Lembrade que os alumnos que vos vaiades matricular de 4º curso para o 2015/2016 tendes que realizar a preinscrición das materias optativas a través da secretaría virtual.

O prazo remata o 12 de xullo.

Saúdos

jueves, 25 de junio de 2015

Procedemento preinscricion materias optativas


Estimados alumnos de 3º curso,

No seguinte ENLACE tendes dispoñible o procedemento de preinscrición en materias optativas.

Lembrade que tódolos alumnos que vos vaiades matricular do 4º curso tendes que realizar previamente esta preinscrición.

Faise a través da Secretaría Virtual e o prazo abrange do 1 ao 12 de xullo.

Lede con detalle a normativa para evitar erros.

As persoas que non se preinscriban no prazo de xullo non poderán matricularse en agosto nas materias optativas, xa que a aplicación non llo permitirá. Aínda que vaiades realizar un intercambio no primeiro semestre, precisades tamén cubrir a preinscrición para poder efectuar a matrícula.

En caso de dúbidas, enviádeme un mail a mabelm@uvigo.es


martes, 21 de abril de 2015

Enquisas de avaliación da satisfacción coa titulación

Estimados alumnos de 3º curso,

Lémbrovos que está aberto o prazo para cubrir a enquisa de avaliación da satisfacción coa titulación. Ata o momento só a cubriron tres alumnos e precisamos incrementar a participación para que os resultados sexan útiles en termos de calidade.

Podedes acceder a ela a través da Secretaría Virtual, coas vosas claves. Son poucas preguntas e finalízase nuns cinco minutos.

Grazas pola vosa colaboración

lunes, 20 de abril de 2015

Enquisa Green Campus

No marco dentro das accións do Programa Green Campus, desde a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra solicitamos a colaboración dos Centros para a realización dunha enquisa denominada “Concienciación ambiental e Programa Internacional Green Campus”.

 Para enchela só hai que acceder ao seguinte enlacehttps://es.surveymonkey.com/s/L65K885

O cuestionario, anónimo e voluntario, estará disponible ata o venres 15 de maio de 2015.

Día Internacional da Creatividade e a Innovación

Mañá martes, 21 de abril, terá lugar o Día Internacional da Creatividade e a Innovación (DICIP) na Casa das Campás.

A xornada comezará cunha presentación institucional, ás 16.30 horas. Continuará cunha mesa redonda sobre creatividade, que contará coa presenza de diferentes profesionais para abordar o concepto desde distintos puntos de vista, e seguirá coa presentación de proxectos de investigación do Campus CREA.

Finalizará coa actuación musical de Electrotango y su bandada e cun pincho ecolóxico.

Tendes toda a información no seguinte ENLACE

martes, 7 de abril de 2015

Enquisa de avaliación da satisfacción

Estimados alumnos de 3º curso,

Tal e como xa vos comunicou a vosa titora de PAT, está aberto o prazo para cubrir a enquisa de avaliación da satisfacción coas titulacións da Universidade de Vigo.

Como novidade, este curso só os alumnos de 3º teñen que cubrir dita enquisa, pero é fundamental que o fagades.

Podedes acceder a ela a través da Secretaría Virtual. Son só cinco minutos.

Grazas pola vosa colaboración

Un saúdo

Datas entrega e defensa TFG

Estimados alumnos de 4º curso,

Lembrade que no mes de marzo se actualizaron as datas de entrega e defensa de TFG, pola necesidade de dispoñer de tódalas restantes cualificacións nas actas (e tódalas materias superadas) para poder defender o traballo.

Tendes as datas actualizadas en FAITIC.

Conferencia: "Proceso de casting e selección de actores"

O mércores, 8 de abril, ás 12:00 no salón de grados,  Marta Pazos falará sobre o proceso de cásting e selección de actores.

Ademais da conferencia fará unha pequena posta en práctica.

Marta conta cunha ampla experiencia como actriz e como directora de cásting en produccións galegas.

Esta actividade está organizada pola Delegación de Alumnos.

Conferencia "Comunicación e xestión cultural"

O xoves 9 de abril, Alberto García Sánchez, xestor de proxectos culturais, impartirá a charla "Comunicación e xestión cultural".

Trátase dunha conferencia aberta ao alumnado. 

Terá lugar no seminario 8 de 17.00 a 21.00 horas.


lunes, 6 de abril de 2015

Xornadas de Protocolo


Estimados alumnos,

Copio a continuación a mensaxe do profesor Fernando Ramos sobre as xornadas de protocolo que terán lugar na Facultade os días 22 e 23 de abril. A actividade é gratuita e podedes inscribirvos a través da plataforma www.bubela.uvigo.es.


Es la actividad más antigua y con más alumnos de la Universidad de Vigo
Las Jornadas de Comunicación y Protocolo cumplen 15 años y homenajean a la Diputación por su respaldo permanente

Los días 22 y 23  de abril, la Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación de la Universidad de Vigo, Campus de Pontevedra, celebrarán las tradicionales “Jornadas de Comunicación Institucional a Imagen Pública y Cursos de Comunicación y Protocolo”, que este año alcanza su décimo quinta edición. Es la actividad más antigua y con más alumnos de cuantas celebra en su género la Universidad de Vigo, con un promedio por edición de más de 300. Asisten profesionales y estudiosos de España, Portugal y América. Periódicamente se publica un libro con sus ponencias y además este curso es seguido en todo el mundo, ya que la Uvigo Televisión la transmite en directo por Internet.
Este año, además, en el acto inaugural, le será rendido homenaje de agradecimiento a la Diputación Provincial de Pontevedra, y a la persona de su presidente, Rafael Louzán, por el apoyo que han bridando todos estos años a estas jornadas. A la Diputación, se le hará entrega de un pergamino que expresa este agradecimiento de los Cursos de Protocolo y Comunicación, en nombre de los más de 3.000 alumnos que los han seguido, y al propio Rafael Louzán, porque desde sus tiempos de vicepresidente fue siempre un firme apoyo en la gestión de las ayudas, se le ofrecerá un diploma como “profesor honorario”.
El acto inaugural será el día 22, a las 9 de la mañana. La Doctora Dolores del Mar Sánchez pronunciará la conferencia inaugural sobre tema “La documentación en el Protocolo: Fuentes, recursos y disposiciones fundamentales a lo largo de la historia”. Es titular de Historia de Derecho y de las instituciones de la Universidad Nacional de Educación a Distancia y Coordinadora del Master Universitario en Protocolo, único oficial que existe en España.
Fernando Ramos, director del Curso, abordará el tema: “La transición de la monarquía en España: Errores y equívocos constitucionales en la abdicación de un rey y la entronización de otro, derivados del protocolo como lenguaje”. Otra conferencia interesante será “El Protocolo de la Iglesia y el Protocolo del Estado Vaticano” a cargo de Enrique Somavilla Rodríguez, doctor en Derecho y en Teología, delegado del Patrimonio cultural de la Provincia Agustiniana de España.
María Teresa Otero, profesora Titular de la Universidad de Sevilla y ex directora de Días Nacionales de la Exposición Universal de Sevilla 1992, tratará el tema “Ceremonias históricas: las tres inauguraciones del Canal de Suez”, y María Xosé Porteiro, ex diputada nacional y autonómica, relaciones Públicas do Concello de Vigo, hablará sobre “Relaciones públicas y comunicación institucional. Relato de una experiencia”. El tema “Protocolos y organización en los grandes eventos de empresa de marcas internacionales. Un ejemplo práctico: Vuitton”, lo abordará Martha G. Peláez, asesora de Comunicación y formadora Internacional, y presidenta de OIDECOM (Observatorio Iberoamericano de Estudios de Comunicación).
También figura en el programa Jorge Salvati, ex presidente de la Organización Internacional de Ceremonial y Protocolo, OICP, presidente de la Asociación de Profesionales del Ceremonial de la República Argentina, cuya conferencia será “El Protocolo de Estado en América del Sur. Manifestaciones de imagen pública en las Repúblicas americanas”. Pilar Pin. catedrática de Enseñanza Media, directora de Relaciones Institucionales de la Escuela de Finanzas de A Coruña y ex Directora General de la Ciudadanía Española en el Exterior, expondrá “Una experiencia de relaciones internacionales. Llevar la “Memoria histórica” a América. Negociar en La Habana”
Este año se incorpora un “Módulo práctico sobre la imagen personal. Adecuación de atuendos y aspecto a la naturaleza de los actos sociales”, a cargo de Alejandro Sierra Amoedo, estilista y diseñador, master por la Universidad del Arte de Londres, y Uxía Avilés, maquilladora profesional, experta en maquillaje social. “Fotografía periodística y fotografía de actos sociales. Experiencias profesionales cerca de la Casa Real” será expuesto por Juan Caballero, periodista gráfico, y María del Pino Fuertes de Armas. Asesora de Imagen y Protocolo, formadora internacional hablará sobre “El introductor de eventos y su papel dinamizador en galas”. Habrá un debate sobre “Las relaciones públicas institucionales: experiencias y contrastes” a cargo de expertos de varias universidades españolas: la Complutense de Madrid, la de Castellón, la Miguel Hernández de Elche y la San Pablo-CEU, de Madrid.
Finalmente, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, profesor de Investigación del CSIC y director del Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, dictará la Conferencia de clausura sobre el tema “Origen, evolución y mitificación de los símbolos de Galicia: el escudo y la bandera”.
Cualquier persona interesada puede matricularse electrónica y gratuitamente en www.bubela.uvigo.es. Los asistentes reciben un diploma de Títulos Propios de la Universidad. Está dotado con créditos ECTS equivalente a 20 horas lectivas, 1 crédito de libre configuración y 0.5 puntos para los funcionarios. Las sesiones se celebran en el salón de actos de la facultad de 9 de la mañana a 19.00 aproximadamente, con un descanso de 14.20 a 16.30.
Estas Jornadas y Curso cuentan con el respaldo de la Secretaría de Medios de la Xunta de Galicia, la Diputación de Pontevedra, El vicerrectorado de Campus, el Consello Social de la Universidad de Vigo, la Organización Internacional de Ceremonial y Protocolo (OICP), la Sociedad de Estudios Institucionales, la Asociación de Técnicos de Protocolo de Galicia, el Instituto Iberoamericano de Estudios de la Comunicación (OIDECOM), Galicia Calidade y Terras Gauda. Además de la Universidad de Vigo, en estas jornadas están presentes profesores de las Universidades Complutense de Madrid, Sevilla, Nacional de Educación a Distancia, Miguel Hernández de Elche, Castellón y San Pablo-CEU de Madrid.

miércoles, 18 de marzo de 2015

Premio Contar a Ciencia

Adxunto enlace coas bases do Premio Contar a Ciencia. 

A dinámica é moi sinxela. Trátase de enviar a gciencia@gciencia.com antes do 31 de marzo unha simple proposta de traballo de formato xornalístico escrito ou audiovisual (tamén reportaxe fotográfica) sobre algunha investigación da Universidade de Vigo.

Só deben executar o proxecto os 10 seleccionados. Deles sairá un gañador e dous finalistas. Os premios son de 400 euros para o gañador e 100 para os finalistas, e unha tablet para cada un deles.

O enlace é este

Ánimo e participade.

jueves, 12 de marzo de 2015

Conferencia do director creativo Pedro Enríquez de Salamanca

Mañá venres, 13 de marzo, ás 11.00 horas, o Salón de Actos acollerá unha sesión de portas abertas do Máster en Dirección de Arte Publicitiaria.

Pedro Enríquez de Salamanca, managing director en España de Wildbytes, impartirá a conferencia: "Creación de contenidos a través de las nuevas tecnologías" e falará das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para innovar na linguaxe publicitaria e audiovisual: experiencias interactivas, eyetracking, videomapping ou realidade aumentada.

Pedro Enríquez de Salamanca é un dos directores creativos máis importantes do noso país e podedes ver o seu portfolio nesta URL: http://wildbytes.cc/works/.

lunes, 2 de marzo de 2015

FESTIVAL WE ARE ADDS

Lembrade que xa está en marcha a We Are Adds Week, no marco do festival organizado polos alumnos de Publicidade e Relacións Públicas.

¡Animádevos a participar!

viernes, 23 de enero de 2015

PLANIFICACIÓNS DOCENTES SEGUNDO SEMESTRE

Estimados alumnos,

Tendes dispoñibles no seguinte ENLACE a planificación docente das materias do segundo semestre. Lembrade que esta planificación é orientativa e que pode estar sometida a modificacións por circunstancias derivadas da docencia ou da perda dalgunha sesión por mor dalgún evento ou actividade.