miércoles, 24 de septiembre de 2014

Concurso de ideas. Campaña publicitaria Cream Factory



Cream Factory, que es una nueva crema de ron con horchata, lanza un concurso de ideas entre los estudiantes de la Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación para idear su nueva campaña publicitaria dotado con 600 €. 

Enlace al cartel informativo.

Dudas e inscripción en el concurso: jpseoane@uvigo.es

martes, 23 de septiembre de 2014

Bolsas do Campus do Mar

O Campus do Mar convoca sete bolsas de formación complementaria no Campus Dixital do Mar, destinadas a alumnos/as da Universidade de Vigo que estean cursando estudos de licenciatura ou grao nalgunha das titulacións afíns á formación práctica que van desenvolver ao longo do periodo de goce da bolsa.

O plazo de presentación das solicitudes remata o 3 de outubro.

As bases da convocatoria e o anexo pódense descargar na seguinte ligazón:

http://campusdomar.es/?post_type=bolsa&p=8779

viernes, 19 de septiembre de 2014

Listaxe de persoas inscritas no curso de Mediaset

Neste ENLACE podedes acceder á listaxe de persoas que ata o momento están inscritas no curso de Mediaset.

Se non aparecedes na lista e queredes inscribirvos, enviado un mail a secretariacsc@uvigo.es


jueves, 18 de septiembre de 2014

Configuración grupos materias optativas 4º curso

Estimados alumnos,

Existen varias materias optativas de cuarto curso con grandes desequilibrios na composición dos grupos. No caso da materia de Publicidade, artes gráficas e tipografía parece que a única opción será levar un grupo á tarde, tal e como vos comentou o profesor.
Outra materia na que podería darse este caso é Relacións Públicas e Protocolo (esta mañá dixen en clase que a materia era Campañas de imaxe e relacións públicas, pero non é así, foi un erro).
Tamén hai problemas cos grupos de Cine e Publicidade.

Pediríavos, por favor, aos alumnos que non teñades incompatibilidades horarias con outras materias, que tratedes de anotarvos nos grupos con menos alumnos, para buscar o equilibrio e evitar ter que mover grupos á tarde.

Saúdos

Prazo modificación matrícula

Estimados alumnos,

Lémbrovos que mañá venres 19 de setembro remata o prazo de modificación de matrícula. No caso dos alumnos de 4º que teñan que matricularse de optativas ou modificar matrícula destas materias lembrade que o aviso que se deu a Xescampus é para que vos activen esta posibilidade, pero tendes que formalizar igualmente a matrícula a través da Secretaría Virtual.

Saúdos

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Aclaración sobre os correos electrónicos á coordinación de grao

Estimados alumnos,

Envíovos neste ENLACE información sobre o xeito en que se empregará e se responderá ao correo electrónico desde a coordinación do grao a partir de agora. Prégovos que o leades con atención.

Saúdos


martes, 16 de septiembre de 2014

CURSO FORMACIÓN MEDIASET: CORREO ELECTRÓNICO CORRIXIDO

Envío neste ENLACE novamente a información sobre o curso de formación de Mediaset. O novo documento inclúe unha nova dirección de correo electrónico para inscribirse. Por favor, anotádevos mediante este mail. Nos próximos días publicarase unha listaxe das persoas admitidas, aínda que non haberá problema de aforo; se o Salón de Graos non fose suficiente o curso desprazaríase ao Salón de Actos para poder acoller a tódolos interesados.

Saúdos

Cambios de aula por mor de selectividade: CORRECCIÓN DE ERROS

Envío novamente os cambios que se producirán na asignación de aulas por mor da selectividade. No post anterior había erros:

*** A comisión da CIUG disporá da sala de reunións 2 (terceiro andar) para o seu uso. Por tal motivo, estará prohibido o acceso a esta dependencia entre o martes 16 e o luns 22.
*** Os exames de selectividade vanse celebrar nas aulas 6, 7, 8 e no seminario 3. As clases previstas nestes espazos pasarán a impartirse nas seguintes aulas:

////////// MÉRCORES 17 //////////
- Comunicación de Crise (PRP4, Félix Blanco), de 9:00h a 11:00h. Prevista no seminario 3 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.
- RR.PP. e Protocolo (PRP4, María Montero, de 9:00h a 11:00h. Prevista na aula 8 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA DE PRODUCIÓN.

- Xéneros Audiovisuais (CAV2, Anna Amorós), de 10:30h a 13:30h. Prevista na aula 4 >>> PASA A IMPARTIRSE NO SEMINARIO 10.

- Lenguaje Publicitario (PRP1, Ana Fernández Soneira), de 10:00h a 14:00h. Prevista aula 7 >>> PASA A IMPARTIRSE NO SEMINARIO 6.

- Opinión Pública (PRP4, Aurora García), de 11:00h a 13:00h. Prevista na aula 6 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.

- Campañas de Imaxe e de RR.PP. (PRP4, Félix Blanco), de 13:00h a 15:00h. Prevista na aula 6 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.
////////// XOVES 18 //////////
- Dereito da Comunicación (CAV2, Patricia Valcárcel), de 09:00h a 14:00h. Prevista na aula 4 >>> PASA A IMPARTIRSE NO SEMINARIO 10.

- Tipografía e artes gráficas (PRP4, Pedro Pablo Gutiérrez), de 09:00h a 11:00h. Prevista na aula 6 >>> PASA A IMPARTIRSE NO SEMINARIO 12.

- Publicidade Internacional (PRP4, Sergio Frade), de 9:00h a 11:00h. Prevista na aula 8 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA DE PRODUCIÓN.

- Comunicación de Crise (PRP4, Félix Blanco), de 9:00h a 11:00h. Prevista no seminario 3 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.
- Lenguaje Publicitario (PRP1, Ana Fernández Soneira), de 10:00h a 14:00h. Prevista aula 7 >>> PASA A IMPARTIRSE NO SEMINARIO 6.

- Tipografía e artes gráficas (PRP4, Pedro Pablo Gutiérrez), de 11:00h a 13:00h. Prevista na aula 6 >>> PASA A IMPARTIRSE NO SEMINARIO 12.

- Dirección de Comunicación (PRP4, María Isabel Míguez), de 11:00h a 13:00h. Prevista na aula 6 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.
- Comunicación de Crise (PRP4, Félix Blanco), de 11:00h a 13:00h. Prevista na aula 8 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA DE PRODUCIÓN.
- Tipografía e artes gráficas (PRP4, Pedro Pablo Gutiérrez), de 13:00h a 15:00h. Prevista na aula 6 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.

////////// VENRES 19 //////////
- Xestión de Empresas (CAV2, Adela García-Pintos Escuder), de 09:00h a 11:00h. Prevista na aula 4 >>> PASA A IMPARTIRSE NO SEMINARIO 10.

- Publicidade Internacional (PRP4, Sergio Frade e Juan Manuel Corbacho), de 9:00h a 13:00h. Prevista na aula 8 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA DE PRODUCIÓN.

- Teoría e Técnica da Comunicación Radiofónica (PRP4, Aurora García), de 09:00h a 11:00h. Prevista na aula 6 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.

- Teoría da Imaxe (PRP1, Alfredo G. Pinal), de 12:00h a 14:00h. Prevista no seminario 3 >>> PASA A IMPARTIRSE NO SEMINARIO 6.

- Comunicación Alternativa (PRP4, Mónica Valderrama), de 13:00h a 15:00h. Prevista na aula 6 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.

lunes, 15 de septiembre de 2014

Cambios de aula por mor das probas de selectividade

A próxima semana (mércores 17, xoves 18 e venres 19) imos a celebrar nesta facultade as probas de acceso á Universidade, o que provocará un pequeno transtorno na actividade docente:
*** Os exames de selectividade vanse celebrar nas aulas 6, 7, 8 e no seminario 3. As clases previstas nestes espazos pasarán a impartirse nas seguintes aulas:
////////// MÉRCORES 17 //////////
- Comunicación de Crise (PRP4, Félix Blanco), de 9:00h a 11:00h. Prevista no seminario 3 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.
- RR.PP. e Protocolo (PRP4, Juan Manuel Corbacho), de 9:00h a 11:00h. Prevista na aula 8 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA DE PRODUCIÓN.

 
- Lenguaje Publicitario (PRP1, Ana Fernández Soneira), de 10:00h a 14:00h. Prevista aula 7 >>> PASA A IMPARTIRSE NO SEMINARIO 6.

- Opinión Pública (PRP4, Aurora García), de 11:00h a 13:00h. Prevista na aula 6 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.

- Campañas de Imaxe e de RR.PP. (PRP4, Félix Blanco), de 13:00h a 15:00h. Prevista na aula 6 >>>PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.
////////// XOVES 18 //////////
- Dereito da Comunicación (CAV2, Patricia Valcárcel), de 09:00h a 14:00h. Prevista na aula 4 >>> PASA A IMPARTIRSE NO SEMINARIO 10.

- Publicidade Internacional (PRP4, Sergio Frade), de 9:00h a 11:00h. Prevista na aula 8 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA DE PRODUCIÓN.

- Comunicación de Crise (PRP4, Félix Blanco), de 9:00h a 11:00h. Prevista no seminario 3 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.
- Dirección de Comunicación (PRP4, María Isabel Míguez), de 11:00h a 13:00h. Prevista na aula 6 >>>PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.
- Comunicación de Crise (PRP4, Félix Blanco), de 11:00h a 13:00h. Prevista na aula 8 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA DE PRODUCIÓN.
- Tipografía e artes gráficas (PRP4, Pedro Pablo Gutiérrez), de 13:00h a 15:00h. Prevista na aula 6 >>>PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.

////////// VENRES 19 //////////
- Xestión de Empresas (CAV2, Adela García-Pintos Escuder), de 09:00h a 11:00h. Prevista na aula 4 >>> PASA A IMPARTIRSE NO SEMINARIO 10.

- Publicidade Internacional (PRP4, Sergio Frade e Juan Manuel Corbacho), de 9:00h a 13:00h. Prevista na aula 8 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA DE PRODUCIÓN.

- Teoría e Técnica da Comunicación Radiofónica (PRP4, Aurora García), de 09:00h a 11:00h. Prevista na aula 6 >>> PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.

- Teoría da Imaxe (PRP1, Alfredo G. Pinal), de 12:00h a 14:00h. Prevista no seminario 3 >>> PASA A IMPARTIRSE NO SEMINARIO 6.

- Comunicación Alternativa (PRP4, Mónica Valderrama), de 13:00h a 15:00h. Prevista na aula 6 >>>PASA A IMPARTIRSE NA AULA 4.

URXENTE: Modificación matrícula materias optativas 4º curso

Estimados alumnos,

Os alumnos que estean interesados en modificar matrícula das materias optativas de cuardo curso terán que enivar HOXE os seguintes datos á coordinadora do Grao (mabelm@uvigo.es):

Nome e apelidos
D.N.I.
Materias que queren deixar.
Materias que queren escoller.


Só se autorizarán modificacións a materias que teñan prazas dispoñibles. Se hai máis solicitantes que prazas aplicaranse os mesmos criterios que no proceso de preinscrición.

Non se autorizarán modificacións de alumnos que envíen a información incompleta ou fóra de prazo.

Saúdios

Curso formación MEDIASET


Neste ENLACE podedes acceder ao programa de curso de formación que impartirán na Facultade profesionais do grupo Mediaset neste cuadrimestre.

O curso componse de varias sesións que terán lugar, previsiblemente, os venres pola tarde, aínda que pode haber algún cambio de última hora derivado da axenda dos ponentes, todos eles profesionais e directivos do grupo Mediaset que se teñen que desprazar desde Madrid.

Trátase dun curso gratuito, orientado a contidos de televisión e cine, ao que poden asistir alumnos e docentes do centro, ata completar aforo.

Prégovos que consultes o programa e que, se vos interesa, vos anotedes no correo electrónico que se indica antes do vindeiro xoves 18 de setembro.

martes, 9 de septiembre de 2014

Oferta Centro de Linguas

Estimados alumnos,

No seguinte ENLACE tendes dispoñible a oferta do Centro de Linguas para o Campus de Pontevedra.

Planificacións docentes

Estimados alumnos,

No seguinte ENLACE tendes disponible a planificación docente das materias do primeiro cuadrimestre, para que, de xeito orientativo, poidades ter unha idea da distribución da carga de traballo ao longo dos catro meses. Lembrade que é unha planificación aproximada, xa que pode perderse algunha clase por circunstancias sobrevidas ou pode haber algunha alteración polo propio ritmo que se estableza.
As planificacións das materias que faltan serán facilitadas polos propios docentes nas súas sesión de teoría ou práctica.

lunes, 8 de septiembre de 2014

DATAS TFG CONVOCATORIA OUTUBRO

Data límite de entrega: 22 de outubro ás 14.00 horas por Rexistro.
Datas de defensa: 3 e 4 de novembro.

Dacordo co artigo 8 do Regulamento de Traballos de Fin de Grao os alumnos interesados en presentar o TFG deberán entregar, a través dun Rexistro Oficial da Universidade de Vigo, a seguinte documentación:
- Solicitude de presentación (modelo colgado no apartado de Documentos e Ligazóns, no apartado da materia na plataforma FAITIC), dirixida á Comisión.
- Tres copias do traballo en formato impreso ou tres copias en pen drive (un pen drive para cada integrante do Tribunal) e unha cuarta copia en CD/DVD.  
- Poderá aportarse a documentación ou material adicional que se estime oportuno para que sexa tomada en consideración polo Tribunal avaliador.

Corrección erro grupos alumnos 1º curso

Estimados alumnos,

Podedes atopar AQUÍ   o enlace ao novo documento de asignación a grupos, cunha corrección. Os grupos prácticos das materias de Lingua son os mesmos que os de Economía, aínda que no documento inicial non estaba específicado por erro.

Por tanto, os alumnos do grupo 1, que se corresponde nestas materias co grupo de prácticas A, terán clase de Lingua os mércores e xoves de 10.00 a 12.00 (práctica e teoría respectivamente) e clase de Economía os mércores e xoves de 12.00 a 14.00 horas (teoría e práctica respectivametne). 
No caso do grupo 2, grupo B de prácticas, terán Economía os mércores e xoves de 10.00 a 12.00 (práctica e teoría respectivamente) e Lingua os mércores e xoves de 12.00 a 14.00 horas (teoría e práctica respectivamente).

Saúdos

viernes, 5 de septiembre de 2014

Grupos teoría e práctica

Estimados alumnos,


No documento que enlazo aquí podedes atopar a distribución en grupos de teoría e práctica para os cursos 1º, 2º e 3º do Grao.

Saúdos

Mabel Míguez

jueves, 4 de septiembre de 2014

O día 12 de setembro non haberá clase

Estimados alumnos,

Con motivo da celebración dos actos oficiais de inicio de curso no Campus de Vigo, o venres da semana que vén, día 12 de setembro, non haberá clase.

Saúdos

HORARIO DE TITORÍAS 1º SEMESTRE

Estimados alumnos,

Se precisades resolver algunha cuestión comigo, podedes atoparme mañá venres no despacho 313, en horario de 11.00 a 13.00 horas.

A próxima semana comezará xa o meu horario normal de titorías, tanto para as materias como para as cuestións relativas á coordinación do Grao, que neste cuadrimestre será os luns de 9.30 a 14.00 horas e os xoves de 9.30 a 11.00 horas.

Saúdos

Mabel Míguez

martes, 2 de septiembre de 2014

Segundo prazo preinscrición materias optativas

Estimados alumnos de 4º curso,

Tal e como consta na resolución pola que se aprobou o procedemento de preinscrición nas materias optativas de 4º curso, o día 3 de setembro ábrese un segundo prazo de preinscrición para aqueles alumnos que non se preinscribiron en xullo ou que non se matricularon en ningunha das optativas no prazo de agosto.

Lembrade que este procedemento é SÓ para alumnos aos que non se lle asignaron materias en xullo ou que non se matricularon.

A preinscrición poderá realizarse entre os días 3 e 8 de setembro a través da Secretaría Virtual, indicando a orde de preferencia das materias.

Entre os días 9 e 12 de setembro realizarase a asignación de materias, tendo en conta só as materias que teñan prazas vacantes. Unha vez asignadas as materias, o prazo de matrícula será o establecido para modificación de matrícula de materias do 1º e 2º semestre, do 15 ao 19 de setembro.

No caso dos alumnos de intercambio que non cursen docencia na Uvigo no primeiro semestre pero que deban matricularse igualmente, asignaranse as materias que soliciten, en función do seu contrato de estudos, dado que non ocupan praza. Aínda así, é conveniente que formalicen a preinscrición e que me remitan un correo indicando a súa condición de estudantes de intercambio. O ideal, se están dentro de prazo, é que agarden a que estea tramitado o seu contrato de estudos.


lunes, 1 de septiembre de 2014

Comezo do curso académico 2014-2015

Estimados alumnos,

Esta semana comeza o curso académico 2014-2015.

O mércores, 3 de setembro, terá lugar o acto de presentación para alumnos de primeiro curso. Os días 4 e 5 de setembro, presentaranse as materias do primeiro cuadrimestre, dacordo co calendario que tendes colgado na páxina web da Facultade. A próxima semana comezarán xa as sesións teóricas con total normalidade e na semana do 15 de setembro darán comezo tamén as clases prácticas.

No caso dos cursos 1º, 2º e 3º, o venres 5 tratarei de informarvos da composición dos grupos teóricos e prácticos, para que saibades qué horario vos corresponde. 

No caso dos alumnos de 4º curso, o horario deberá configurarse particularmente en función das materias optativas das que se estea matriculado. O alumno poderá asistir aos grupos que máis lle conveña de cada materia, sempre e cando os grupos resultantes queden equilibrados en canto a número de alumnos. No caso de que existan desequilibrios importantes, os profesores poderán tratar de axustar os grupos, atendendo ás incompatibilidades que os alumnos poidan ter por mor doutras materias.

Saúdos e benvidos
Mabel Míguez