martes, 2 de septiembre de 2014

Segundo prazo preinscrición materias optativas

Estimados alumnos de 4º curso,

Tal e como consta na resolución pola que se aprobou o procedemento de preinscrición nas materias optativas de 4º curso, o día 3 de setembro ábrese un segundo prazo de preinscrición para aqueles alumnos que non se preinscribiron en xullo ou que non se matricularon en ningunha das optativas no prazo de agosto.

Lembrade que este procedemento é SÓ para alumnos aos que non se lle asignaron materias en xullo ou que non se matricularon.

A preinscrición poderá realizarse entre os días 3 e 8 de setembro a través da Secretaría Virtual, indicando a orde de preferencia das materias.

Entre os días 9 e 12 de setembro realizarase a asignación de materias, tendo en conta só as materias que teñan prazas vacantes. Unha vez asignadas as materias, o prazo de matrícula será o establecido para modificación de matrícula de materias do 1º e 2º semestre, do 15 ao 19 de setembro.

No caso dos alumnos de intercambio que non cursen docencia na Uvigo no primeiro semestre pero que deban matricularse igualmente, asignaranse as materias que soliciten, en función do seu contrato de estudos, dado que non ocupan praza. Aínda así, é conveniente que formalicen a preinscrición e que me remitan un correo indicando a súa condición de estudantes de intercambio. O ideal, se están dentro de prazo, é que agarden a que estea tramitado o seu contrato de estudos.


lunes, 1 de septiembre de 2014

Comezo do curso académico 2014-2015

Estimados alumnos,

Esta semana comeza o curso académico 2014-2015.

O mércores, 3 de setembro, terá lugar o acto de presentación para alumnos de primeiro curso. Os días 4 e 5 de setembro, presentaranse as materias do primeiro cuadrimestre, dacordo co calendario que tendes colgado na páxina web da Facultade. A próxima semana comezarán xa as sesións teóricas con total normalidade e na semana do 15 de setembro darán comezo tamén as clases prácticas.

No caso dos cursos 1º, 2º e 3º, o venres 5 tratarei de informarvos da composición dos grupos teóricos e prácticos, para que saibades qué horario vos corresponde. 

No caso dos alumnos de 4º curso, o horario deberá configurarse particularmente en función das materias optativas das que se estea matriculado. O alumno poderá asistir aos grupos que máis lle conveña de cada materia, sempre e cando os grupos resultantes queden equilibrados en canto a número de alumnos. No caso de que existan desequilibrios importantes, os profesores poderán tratar de axustar os grupos, atendendo ás incompatibilidades que os alumnos poidan ter por mor doutras materias.

Saúdos e benvidos
Mabel Míguez

miércoles, 23 de julio de 2014

Resolución Comisión TFG: cualificacións xullo


Os alumnos matriculados en TFG poden acceder na plataforma FAITIC á resolución da Comisión de TFG na que se ratifican as cualificacións outorgadas polos tribunais. Se algún alumno desexa presentar unha reclamación debe colgar un escrito, argumentando os motivos do seu desacordo coa cualificación, no apartado de Exercicios da plataforma FAITIC. O prazo remata o 28 de xullo.

jueves, 3 de julio de 2014

Resolución comisión TFG 2 de xullo

Está publicada na plataforma FAITIC, para os alumnos matriculados na materia, a resolución da Comisión de TFG de 2 de xullo, na que se asignan os traballos que se defenderán nesta convocatoria aos tribunais.

jueves, 12 de junio de 2014

Prácticas preprofesionais fundación MARCO

Difundo esta OFERTA DE PRÁCTICAS xestionada pola Área de Emprego da Universidade de Vigo, para a Fundación Marco, por se fose do voso interese.


Resolución procedemento preinscrición en materias optativas de 4º curso

Estimados alumnos de 3º curso,

Tendes no seguinte ENLACE o texto definitivo da resolución pola que se aprobou o procedemento de preinscrición nas materias optativas de 4º curso.

Lembrade que, segundo este procedemento, entre os días 5 e 16 de xullo tendes que preinscribirvos das materias optativas a través da Secretaría Virtual, indicando a vosa orde de preferencia en relación coas dez materias.
Tras este período realizarase unha asignación de materias dacordo cos criterios establecidos na resolución e no mes de agosto teredes que formalizar a matricula nas materias que vos foron asignadas.

Saúdos


viernes, 6 de junio de 2014

ÚLTIMO DÍA: ENQUISA AVALIACIÓN SATISFACCIÓN TITULACIÓNS

Estimados alumnos,

Hoxe remata o prazo para cubrir a enquisa de satisfacción coas titulacións a través da secretaría virtual (http://seix.uvigo.es).

Ata este momento, só 38 alumnos cubriron a enquisa, fronte aos 73 do curso anterior.

Pregaríavos que fixerades un esforzo por acceder á secretaría e cubrir o cuestionario. 

Son só uns minutos. 

Grazas pola vosa colaboración