Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Universidade de Vigo)
miércoles, 25 de noviembre de 2015
I XESCOM. Simposio Internacional sobre Gestión de la Comunicación
Os próximos venres 27 e sábado 28 de novembro a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acollerá o I Simposio Internacional sobre Xestión da Comunicación: dos medios aos metamedios.
Os alumnos do centro poderá asistir gratuitamente e obter o diploma de asistencia, inscribíndose no correo electrónico rede.xescom@gmail.com.
O programa do evento pode atoparse AQUÍ.
miércoles, 11 de noviembre de 2015
Doazón de sangue
Durante o día de hoxe, mércores 11 de novembro, o Centro de Transfusión de Galicia estará na Facultade para poñer en marcha a primeira fase da campaña de doazón de sangue. Na campaña 2014-2015 as doazóns nos centros universitarios teñen descendido un 5,89%, polo que resulta importante colaborar para manter as cifras de solidaridade que caracterizaba as facultades galegas.
Dende o Centro de Transfusión de Galicia agradecen encarecidamente a nosa participación
Conferencia Nico Casal. Xoves 12.00 horas
Remito información procedente da Delegación de Alumnos:
"Dende a delegación de alumnos organizamos unha conferencia baixo o título. "Pensa nun spot sen música, podes?" impartida por Nico Casal, compositor musical residente en Londres. Será o xoves ás 12:00 no Salón de Grados da facultade de ciencias sociais e da comunicación.
A conferencia versará sobre a importancia da música na publicidade e no audiovisual en xeral, e tratará todo o proceso de creación: dende o punto de contacto co cliente ata a peza final e todo o proceso de cambios para conseguir a peza definitiva. Analizaremos tamén varios anuncios para ver o papel da música neles.
Para que saibades algo máis sobre Nico:
Nico Casal é pianista e compositor residente en Londres onde traballa para distintas produtoras e directores compoñendo música para cine e televisión. Un dos seus últimos traballos foi a música para a última campaña do banco HSBC para as televisións de todo o mundo e o anuncio de Gas Natural Fenosa para a Televisión de Galicia. ó mismo tiempo está finalizando a música da que será a súa terceira película, a española Se vende. Tamén compuxo música para British Airways, Discovery Channel, Adidas e Vogue, entre outros.
O seu primero largometraxe, El Árbol Magnético, selecionado no Festival de San Sebastián e premiada no Festival de Cine de Valdivia, se estenou en cines en España e en Chile en agosto de 2014. Bestia de Cardo, a súa segunda película, acábase de estrenar no Austin Film Festival, en Texas.
Nico gana o premio de Mellor Música Promocional na oitava edición dos premios Jerry Goldsmith (xuño 2013) con “MAC, Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa“.
O seu primero largometraxe, El Árbol Magnético, selecionado no Festival de San Sebastián e premiada no Festival de Cine de Valdivia, se estenou en cines en España e en Chile en agosto de 2014. Bestia de Cardo, a súa segunda película, acábase de estrenar no Austin Film Festival, en Texas.
Nico gana o premio de Mellor Música Promocional na oitava edición dos premios Jerry Goldsmith (xuño 2013) con “MAC, Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa“.
miércoles, 21 de octubre de 2015
Convocatoria de bolsa para a axuda á integración
A Universidade de Vigo convoca unha bolsa para a axuda á integración dunha persoa con necesidades educativas especiais. Poderá ser solicitada por alumnos de 1º curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas e o prazo remata o día 27 de outubro.
MÁIS INFORMACIÓN
MÁIS INFORMACIÓN
martes, 20 de octubre de 2015
III Xornadas de Fundraising e Mecenado
A Reitoría e o Consello Social da Universidade de Vigo organizan as III Xornadas de fundraising e mecenado os días 22 e 23 de outubro na sede da Fundación Barrié en Vigo (Policarpo Sanz, 31, 36202 Vigo).
As persoas interesadas en participar deben rexistrarse na WEB das xornadas, na que poden atopar toda a información.
As persoas interesadas en participar deben rexistrarse na WEB das xornadas, na que poden atopar toda a información.
miércoles, 14 de octubre de 2015
Ciclo Cero Violencia Viaria
Hoxe mércores comeza o Ciclo Cero Violencia Viaria, organizado polo Concello de Pontevedra, a Policía Local e a Dirección Xeral de Tráfico e aberto a tódalas persoas que desexen asistir.
Inclúe un programa de actividades e conferencias que se desenvolverán no campus tódolos mércores ata o 11 de novembro.
Podedes atopar máis información no seguinte ENLACE
martes, 13 de octubre de 2015
Sesión formativa sobre recursos da biblioteca
Estimados alumnos e alumnas de 1º curso,
A próxima semana terá lugar unha sesión formativa sobre os recursos da biblioteca para os estudantes de 1º curso do Grao. Para facilitar a asistencia, a sesión impartirase dúas veces:
- O martes 20 de outubro, de 16.00 a 18.00 horas
ou
- O mércores 21 de outubro, de 16.00 a 18.00 horas
Se estades interesados en asistir debedes inscribirvos a través do seguinte FORMULARIO, indicando os vosos datos e o día en que ides asistir á sesión.
Tendes máis información no seguinte ENLACE
Suscribirse a:
Entradas (Atom)