Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Universidade de Vigo)
lunes, 15 de febrero de 2016
WAA necesita voluntarios e voluntarias!
Reenvíovos esta mensaxe dos organizadores do festival We Are Adds. Precisan a colaboración de alumnos e alumnas para labores de organización e asistencia nos seus eventos.
"Dende a organización de We Are Ads imos necesitar un pouco de axuda. Os preparativos xa están chegando ó seu fin, a Gala WAA aproxímase, e agora máis que nunca imos necesitar a túa colaboración. Buscamos alumnos e alumnas da facultade que queiran botar unha man na organización e protocolo das próximas actividades. Igual que fixemos o ano pasado con motivo da I Edición, o único que necesitamos é vontade de axudar.
As datas nas que te necesitamos son:
- 22, 23, 24, 25 e 26 de Febreiro para organizar a exposición das pezas finalistas e proceder ó acto de votación do GRAN PREMIO DO PÚBLICO.
- Do 29 de Febreiro ao 3 de Marzo, durante a WAAWeek e Gala WAA.
Como moitos sabedes, a WAAWeek é unha semana chea de actividades, conferencias, talleres e moita moita comunicación. Por iso, imos necesitar xente que nos axude nas tareas esenciais da organización dun evento. Finalmente, a Gala WAA son para moitos de nos o máis parecido aos Oscar. Así que, a pesar de non contar con alfombra vermella, imos necesitar acomodar aos asistentes e axudar para que ese día todo vaia sobre rodas.
Como xa sabedes, todo o que facemos é por e para os alumnos da Facultade, así que nos encantaría contar contigo para estas datas. Se estás interesado, envía un mail a informawaa@gmail.com co teu nome, apelidos e curso no que estás a estudar. Vémonos! We Are Ads"
miércoles, 27 de enero de 2016
Mensaxe de We Are Adds (WAA): remata o prazo o día 30
O día 30 deste mes pecha o plazo para participar no concurso que WAA organiza no campus de Pontevedra. Participar é moi sinxelo (vía mail) e podes enviar traballos que fixeras para clase ou proxectos persoais, tanto individuais como en grupo. Ademáis temos 11 categorías diferentes con moitos premios: Spot, cuña, stop motion, gráfica, galicia, ventana virtual, fotografía publicitaria, acción de RRPP, trailer/teaser e categoría solidaria. Lembramos que a entrega de pezas non está limitada, polo que unha mesma persoa pode presentar varias propostas.
Para máis información entra na nosa web ou escríbenos atrabajoswaa@gmail.com
Moita sorte a todos!
Para máis información entra na nosa web ou escríbenos atrabajoswaa@gmail.com
Moita sorte a todos!
lunes, 25 de enero de 2016
Xoves 28, lectivo. Venres 29, festivo.
Estimados alumnos,
O próximo venres 29 de xaneiro non haberá clase por trasladarse a esta data a celebración do patrón da Universidade, Santo Tomé de Aquino.
O xoves 28, en cambio, sí é lectivo.
Saúdos
O próximo venres 29 de xaneiro non haberá clase por trasladarse a esta data a celebración do patrón da Universidade, Santo Tomé de Aquino.
O xoves 28, en cambio, sí é lectivo.
Saúdos
jueves, 21 de enero de 2016
Planificacións docentes 2º semestre
Estimados alumnos,
Neste ENLACE podedes acceder ás planificacións docentes das materias para o segundo semestre.
Lembrade que estas planificacións son orientativas e poden estar suxeitas a modificacións en función de diferentes circunstancias que alteren o curso normal da docencia.
As planificacións das materias que faltan serán facilitadas directamente polos docentes.
Neste ENLACE podedes acceder ás planificacións docentes das materias para o segundo semestre.
Lembrade que estas planificacións son orientativas e poden estar suxeitas a modificacións en función de diferentes circunstancias que alteren o curso normal da docencia.
As planificacións das materias que faltan serán facilitadas directamente polos docentes.
Presentación premios INCUVI- Emprende
Mañá venres 22 de xaneiro ás 10:00, no salón de graos da Escola de Enxeñería Forestal, preséntanse os premios INCUVI-Emprende, destinados a promover e premiar a elaboración dunha idea de negocio creativa.
Se sodes alumnos de 4º curso e tendes algunha idea de emprendemento de cara ao próximo ano é moi interesante que asistades a esta presentación.
lunes, 18 de enero de 2016
Cambio en presentacións 3º curso
A presentación da materia "Teoría da comunicación electoral e institucional", prevista para o vindeiro venres 22 ás 11.00 horas, posponse ata a primeira clase teórica con cada grupo, xa que o profesor ten que formar parte dun tribunal de tese noutra universidade nesa data.
jueves, 14 de enero de 2016
CAMBIO EN PRESENTACIÓNS PRIMEIRO CURSO
Estimados alumnos de primeiro curso,
A presentación da materia "Historia da Propaganda e da Publicidade", prevista para o vindeiro xoves 21 ás 11.00 horas, posponse ata a primeira clase teórica, xa que o profesor ten que formar parte dun tribunal de tese na Universidade de Málaga nesa data.
Para evitar que teñades que agardar unha hora, a presentación da materia "Teoría e práctica das relacións públicas", que imparto eu mesma e que estaba prevista para as 12.00 horas, adiántase ás 11.00 horas.
Polo tanto, as presentacións para o día 21 quedan:
10.00 horas: Fundamentos de organización e xestión empresarial
11.00 horas: Teoría e práctica das relacións públicas
Saúdos
Mabel Míguez
Suscribirse a:
Entradas (Atom)