Estimados alumnos de 1º curso,
Podedes consultar AQUÍ a presentación do pasado xoves
Saúdos
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Universidade de Vigo)
viernes, 9 de septiembre de 2016
lunes, 5 de septiembre de 2016
Segundo prazo preinscrición materias optativas (4º curso)
Hoxe abre o segundo prazo de preinscrición en materias optativas. Os alumnos que teñades que preinscribirvos e que atopedes algún problema co acceso a este proceso na Secretaría Virtual, contactade conmigo por correo electrónico.
Un saúdo
Un saúdo
Asignación provisional de grupos para alumnos de 1º, 2º e 3º
Estimados alumnos,
Podedes acceder AQUÍ á asignación provisional de grupos para os cursos de 1º, 2º e 3º.
Os grupos créanse por orde alfabética seguindo como criterio o equilibrio no número de alumnos. No caso dos alumnos de 1º e 2º curso, as listas aparecen detalladas cos nomes dos alumnos matriculados. No caso dos alumnos de 3º curso mantéñense os grupos do curso anterior, cos cambios e permutas que se realizaron no seu momento.
No documento tendes toda a información relativa ao procedemento e o link ao formulario de reclamación. O prazo finaliza o día 12 ás 14.00 horas.

jueves, 1 de septiembre de 2016
Preinscrición e matrícula en setembro de materias optativas de 4º curso
Estimados alumnos de 4º curso, prego leades atentamente e difundades esta información:
1. Os alumnos que fixeron a preinscrición das materias optativas en xullo pero que por motivos de traslado de expediente non puideron matricularse en agosto deben enviarme canto antes un mail cos seus datos (nome e apelidos, DNI e materias que tiñan autorizadas) para conservar a preinscrición nestas materias e poder matricularse delas no prazo que corresponda. Aínda que algúns de vós xa mo comunicastes, dado o volume de correos atrasados que teño, é preferible que mo volvades enviar.
2. Os alumnos que non fixeron a preinscrición, deben facela na Secretaría Virtual entre o 5 e o 9 de setembro. Só poderán preinscribirse das materias nas que haxa praza dispoñible. Despois da asignación, terán que matricularse no prazo que corresponda.
Se tendes calquera dúbida con respecto ao proceso, o meu horario de titorías ata o comezo das clases será os luns e xoves de 10.30 a 13.30 horas.
miércoles, 27 de julio de 2016
Asignación materias optativas
Estimados alumnos que rematastes 3º curso,
Tendes AQUÍ a asignación de materias optativas. Avisádeme se detectades algunha incidencia.
Saúdos
Tendes AQUÍ a asignación de materias optativas. Avisádeme se detectades algunha incidencia.
Saúdos
martes, 12 de julio de 2016
BOLSAS FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO
A Fundación Universidade de Vigo (campus de Vigo) vén de convocar dúas bolsas de colaboración para alumnos, destinadas a desenvolver labores de comunicación.
Poden optar a elas, entre outros, alumnos de Publicidade e Relacións Públicas que estean matriculados no curso 2016/2017 (é suficiente con estar matriculado, por exemplo, do TFG) e que teñan superado alomenos o 75% dos créditos do título.
O prazo de solicitude remata o 7 de setembro de 2016.
Tendes aquí a CONVOCATORIA con toda a información.

viernes, 1 de julio de 2016
Prazo preinscrición materias optativas 4º curso
Hoxe ábrese o prazo de preinscrición de materias optativas de 4º curso. Podedes acceder ao formulario a través da vosa secretaría virtual e ata o día 12 de xullo.
Lembrade que se non facedes a preinscrición non poderedes matricularvos das materias correspondentes no mes de agosto.
Saúdos
Lembrade que se non facedes a preinscrición non poderedes matricularvos das materias correspondentes no mes de agosto.
Saúdos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)