Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Universidade de Vigo)
martes, 28 de enero de 2014
Planificación docente materias 2º semestre
Estimados alumnos,
Tendes dispoñible no seguinte ENLACE a planificación docente por curso das materias do 2º semeste. Tende en conta que este documento unicamente se colga a título informativo e orientativo. As planificacións poderían sufrir algunha modificación en función do desenvolvemento das materias ou no caso de xurdir días imprevistos sen docencia.
miércoles, 15 de enero de 2014
Presentación materias segundo cuadrimestre
Os próximos xoves 23 de xaneiro e venres 24 de xaneiro terán lugar as presentacións das materias do segundo cuadrimestre. Tendes o calendario de presentacións dispoñible na web, no seguinte enlace:
http://www.csc.uvigo.es/images/stories/pdf/presentacion_materias__2_ct__prp.pdf
Revisádeo, xa que hai algún cambio con respecto á planificación orixinal.
A semana do 27 de xaneiro comezan as clases, dacordo cos horarios publicados na web. Lembrade que esa primeira semana só hai docencia teórica e que o día 28 de xaneiro é festivo na Universidade, polo que non haberá clase.
http://www.csc.uvigo.es/images/stories/pdf/presentacion_materias__2_ct__prp.pdf
Revisádeo, xa que hai algún cambio con respecto á planificación orixinal.
A semana do 27 de xaneiro comezan as clases, dacordo cos horarios publicados na web. Lembrade que esa primeira semana só hai docencia teórica e que o día 28 de xaneiro é festivo na Universidade, polo que non haberá clase.
martes, 17 de diciembre de 2013
Prácticas curriculares
A lista provisional de empresas para a realización de prácticas curriculares para os alumnos de 4º curso está dispoñible no blog
http://practicascurriculares. wordpress.com/2013/01/09/ empresas-publicidade-e-rr-pp/
http://practicascurriculares.
miércoles, 11 de diciembre de 2013
Foro de emprendemento
Convídase a todos os membros da comunidade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación a asistir, o vindeiro xoves 12 de decembro, ao "Foro de Emprendemento: "Crea para aprender y emprende para crear. El networking como oportnundad de automenpleo", que se celebrará ás 19:00 h no SALÓN DE ACTOS do centro.
Este foro, promovido polo grupo de investigación G4 Plus, busca coñecer o Network Marketing como un sistema innovador no ámbito da distribución e a organización en rede como unha alternativa de emprendemento e autoemprego a través do coñecemento de expertos e experiencias prácticas de asociados e networkers de diferentes organizacións.
No evento relataranse, ademais, as experiencias de Néstor Ferrer Brufal, Enrique García González e Levis Marcelino Cassino.
lunes, 25 de noviembre de 2013
Concurso microvídeos
O Servizo de Deportes está a desenvolver un concurso orientado a mellorar a súa visibilidade nas redes sociais. Trátase dun concurso de microvídeos sobre a temática da muller no deporte. Toda a información está na páxina web: http://deportes.uvigo.es/novedades_ficha.asp?id=1692. O gañador recibirá como premio unha escapada para dúas persoas.
jueves, 21 de noviembre de 2013
TFG: asignacións defintivas de titores e propostas temáticas
Tendes colgada en FAITIC a resolución coa asignación definitiva de titores e propostas temáticas para os TFG, considerando as alegacións recibidas.
jueves, 7 de noviembre de 2013
TFG: PROPOSTAS TEMÁTICAS E ASIGNACIÓN TITORES
Tendes en FAITIC a resolución da Comisión celebrada hoxe, relativa á aprobación de propostas temáticas, asignación de titores e procedemento de alegacións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)