Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Universidade de Vigo)
lunes, 17 de febrero de 2014
Datas de entrega e defensa de TFG para xuño e xullo de 2014
Tendes neste enlace a resolución da Comisión de TFG na que se establecen as datas de entrega e defensa dos traballos para as convocatorias de xuño e xullo de 2014. As datas quedan fixadas como segue:
Convocatoria de xuño:
- Data límite de entrega: 30 de maio
- Datas de defensa: 16 e 17 de xuño
Convocatoria de xullo:
- Data límite de entrega: 30 de xuño
- Datas de defensa: 21 e 22 de xullo
Tamén vos adunto o impreso de solicitude de defensa que hai que entregar co traballo.
lunes, 10 de febrero de 2014
Máster Class AUGAL 3ª Edición
O martes 11 de febreiro, ás 16.00 horas, no Salón de Actos ou o Salón de Graos, terá lugar a Máster Class do Audiovisual Galego 2013-2014 AUGAL (3ª edición), coordinada polos profesores Anna Amorós e Miguel Anxo Fernández.
Contidos:
ANGÉLICA Y ROBERTA
Sandra Leste, Sonia Méndez, 2012. Serie Online.
FAME
Anxos Fazáns, 2013. Webserie.
IDIOTAS
Fran Estévez, 2013. Curtametraxe.
Planificación enquisas avaliación docente
Estimados profesores,
Lémbrovos que o próximo 16 de febreiro remata o prazo para introducir na Secretaría Virtual as datas para as enquisas de avaliación docente.
A ruta de acceso é a seguinte:
Páxina da UVigo – Secretaría Virtual – Control de acceso - Funcionalidades para o PDI - Planificación de Enquisas de Avaliación Docente.
Para o Control de Acceso deben introducirse os datos habituais:
- Nº Documento de identificación
- Número da tarxeta universitaria
- Contrasinal da tarxeta universitaria
Saúdos
miércoles, 5 de febrero de 2014
Resolucións Comisión TFG
Tendes no seguinte enlace a resolución da comisión de TFG do pasado luns, 3 de febreiro de 2014.
martes, 28 de enero de 2014
Planificación docente materias 2º semestre
Estimados alumnos,
Tendes dispoñible no seguinte ENLACE a planificación docente por curso das materias do 2º semeste. Tende en conta que este documento unicamente se colga a título informativo e orientativo. As planificacións poderían sufrir algunha modificación en función do desenvolvemento das materias ou no caso de xurdir días imprevistos sen docencia.
miércoles, 15 de enero de 2014
Presentación materias segundo cuadrimestre
Os próximos xoves 23 de xaneiro e venres 24 de xaneiro terán lugar as presentacións das materias do segundo cuadrimestre. Tendes o calendario de presentacións dispoñible na web, no seguinte enlace:
http://www.csc.uvigo.es/images/stories/pdf/presentacion_materias__2_ct__prp.pdf
Revisádeo, xa que hai algún cambio con respecto á planificación orixinal.
A semana do 27 de xaneiro comezan as clases, dacordo cos horarios publicados na web. Lembrade que esa primeira semana só hai docencia teórica e que o día 28 de xaneiro é festivo na Universidade, polo que non haberá clase.
http://www.csc.uvigo.es/images/stories/pdf/presentacion_materias__2_ct__prp.pdf
Revisádeo, xa que hai algún cambio con respecto á planificación orixinal.
A semana do 27 de xaneiro comezan as clases, dacordo cos horarios publicados na web. Lembrade que esa primeira semana só hai docencia teórica e que o día 28 de xaneiro é festivo na Universidade, polo que non haberá clase.
martes, 17 de diciembre de 2013
Prácticas curriculares
A lista provisional de empresas para a realización de prácticas curriculares para os alumnos de 4º curso está dispoñible no blog
http://practicascurriculares. wordpress.com/2013/01/09/ empresas-publicidade-e-rr-pp/
http://practicascurriculares.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)