viernes, 23 de enero de 2015

PLANIFICACIÓNS DOCENTES SEGUNDO SEMESTRE

Estimados alumnos,

Tendes dispoñibles no seguinte ENLACE a planificación docente das materias do segundo semestre. Lembrade que esta planificación é orientativa e que pode estar sometida a modificacións por circunstancias derivadas da docencia ou da perda dalgunha sesión por mor dalgún evento ou actividade.

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Festival We Are Adds


Estimados alumnos,

Lembrámovos que ata o 31 de xaneiro de 2015 está aberto o prazo de inscrición para o festival We Are Adds, festival universitario de publicidade organizado polos propios alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Podedes presentar traballos de clase, adaptación destes traballos ou novos proxectos.

Tendes toda a información sobre o festival en:

 http://weareads.wix.com/waafest 

 https://www.facebook.com/weareads?ref=bookmarks 


CARTEL


martes, 16 de diciembre de 2014

Listado provisional de asignación de propostas temáticas e titores de TFG

Estimados alumnos,

Tendes en FAITIC o listado provisional de asignación de propostas temáticas e titores de TFG.

Prazo para facer alegacións: dez días desde onte.

As alegacións deben enviarse á coordinadora de TFG, a profesora Carmen López de Aguileta Clemente.

jueves, 11 de diciembre de 2014

CONVOCATORIA PREMIOS INCUVI-EMPRENDE

O día 11 de decembro de 2014 publicouse no taboleiro do rexistro xeral do Campus de Vigo a 4ª convocatoria dos premios INCUVI-Emprende, co obxecto de promover e premiar, nos tres campus da Universidade de Vigo, a elaboración dunha idea de negocio creativa baseada en calquera das ramas do coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade Vigo. 

        Campus de Vigo6 premios consistentes nunha subvención dos custos da estadía por un período máximo dun ano nun dos espazos da preincubadora Incuvi situados na Cidade Universitaria.

        Campus de Ourense4 premios consistentes nunha subvención dos custos da estadía por un período máximo dun ano nun espazo de traballo designado por Tecnópole situados na incubadora de empresas do edificio CEI ou na sala de coworking do edificio Tecnópole I, ambas no recinto do parque Tecnolóxico de Galicia.

        Campus de Pontevedra2 premios consistentes nunha subvención dos custos da estadía por un período máximo dun ano nun dos espazos da preincubadora situados na sede de AJE Pontevedra.

DESTINATARIOS: Alumnado actual e persoas tituladas pola Universidade de Vigo no curso 2011/12 ou posteriores.
PRAZO: Ata o 19 de xaneiro de 2015.
MÁIS INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN:  http://emprego.uvigo.es/emprego_gl/emprendemento/incuvi/

martes, 9 de diciembre de 2014

Presentación dos Premios INCUVI-Emprende


CÁNDO: Mércores 10 de decembro, ás 12.00 horas

ONDE: Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte


Proximamente, a Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo lanzará a nova convocatoria dos premios INCUVI-Emprende, co obxecto de promover e premiar a elaboración dunha idea de negocio creativa baseada en calquera das ramas do coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade Vigo.

O mércores 10 de decembro terá lugar a presentación destes premios no Campus de Pontevedra, ás 12.00 horas, no salón de graos da Facultade de Ciencias da Edcación e do Deporte. No acto estarán presentes representantes da iniciativa empresarial "mueve tu vida", que gañou  o ano pasado os premio Incuvi no campus de Pontevedra, e que acaba de recibir o premio ao xoven emprendedor das mans de AJE Pontevedra.

Tódolos alumnos estades convidados a asistir a esta presentación, xa que os premios INCUVI-Emprende pretenden premiar as vosas iniciativas susceptibles de converterse en idea de negocio, para facer tódalas preguntas que consideredes oportunas.


miércoles, 26 de noviembre de 2014

Actividades vixésimo aniversario

Estimados alumnos,

Como sabedes mañá xoves celebramos o vixésimo aniversario da Facultade cun programa de actividades no que é fundamental a vosa colaboración.

Ás  12.00 da mañá terá lugar o acto institucional, no que se repasará a historia da Facultade, e ó que estades todos convidados. 

Pola tarde, á partir das 16.00 horas, están previstas varias conferencias nas que participarán profesionais de moito prestixio como Allan Batievsky, Jorge Tompo ou Isabel Bagaza.

Por último, a partir das 18.30 horas, terá lugar unha actividade especial, na que se reuniran trinta titulados do centro que están desenvolvendo con éxito a súa actividade profesional para organizar, co alumnado actual, unha sesión de speed dating. Os titulados estarán sentados (e identificados) en mesas independentes intercambiando experiencias cos estudantes actuais (que irán rotando de posto en posto). Unha oportunidade única e innovadora de sentarse, fronte a fronte, ante profesionais que hai poucos anos tiñan as mesmas dúbidas e incertidumes que o alumnado actual.

Falamos, en definitiva, dunha xornada de especial interese que para ser un éxito necesita a activa participación dos estudantes, polo que pregamos tamén de forma especial a vosa colaboración.

Aquí tendes o ENLACE co programa da xornada.

viernes, 14 de noviembre de 2014