martes, 26 de abril de 2016

Enquisa avaliación satisfacción (3º curso)

Estimado alumnado de 3º curso,

Está aberto o prazo para cubrir a enquisa de avaliación da satisfacción coas titulacións oficiais da Universidade de Vigo. 

Para realizar a enquisa está habilitada unha plataforma informática en secretaría virtual: https://seix.uvigo.es/uvigo.sv/ . A enquisa é anónima e confidencial. 

Por favor, accedede á aplicación e cubrídea canto antes.

Saúdos

martes, 19 de abril de 2016

Conferencia "O proceso de transformacións dixitais na televisión"

Mañá mércores, ás 10 da mañá no Salón de Graos, teremos a conferencia 


"O proceso de transformacións dixitais na televisión" a cargo de 

José Manuel González Pacheco, Director Xeral de Atresmedia Dixital.

O acto encádrase dentro das actividades da Semana da Creatividade organizada dende a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Acceso libre ata completar aforo.

lunes, 29 de febrero de 2016

Convocatoria de ideas Espazo CreActivo

O Concello de Pontevedra, coa colaboración da Vicerreitoría do Campus, promove un concurso de ideas para o embelecemento, reutilización e dotación de contidos do Espazo CreActivo da rúa Santa Clara.

Unha das categorías do concurso é comunicación e identidade gráfica do espazo e está previsto, como nas outras categorías, un premio de 500 euros máis os gastos de execución. Poden presentarse proxectos individuais ou grupais.

O deseño da identidade corporativa que gane levarase á práctica baixo a tutela dunha axencia en Pontevedra.

A convocatoria está aberta a alumnos matriculados en calquera titulación de Grao e Posgrao do Campus de Pontevedra e o prazo remata o 31 de marzo.

Adxunto o cartaz e a convocatoria.


miércoles, 24 de febrero de 2016

Semana WAA

A próxima semana terá lugar o programa de actividades do festival We Are Adds, que culmina o xoves 3 de marzo cunha Gala de entrega de premios e o posterior "Waateque".

Por outra banda, desde hoxe mesmo e ata o venres 26 pódese votar polo Gran Premio do Público na casa das Campás en horario de 10 a 19. Pode facelo calquera persona presentando o DNI.

lunes, 15 de febrero de 2016

WAA necesita voluntarios e voluntarias!


Reenvíovos esta mensaxe dos organizadores do festival We Are Adds. Precisan a colaboración de alumnos e alumnas para labores de organización e asistencia nos seus eventos.

"Dende a organización de We Are Ads imos necesitar un pouco de axuda. Os preparativos xa están chegando ó seu fin, a Gala WAA aproxímase, e agora máis que nunca imos necesitar a túa colaboración. Buscamos alumnos e alumnas da facultade que queiran botar unha man na organización e protocolo das próximas actividades. Igual que fixemos o ano pasado con motivo da I Edición, o único que necesitamos é vontade de axudar. 

As datas nas que te necesitamos son: 

- 22, 23, 24, 25 e 26 de Febreiro para organizar a exposición das pezas finalistas e proceder ó acto de votación do GRAN PREMIO DO PÚBLICO.

 - Do 29 de Febreiro ao 3 de Marzo, durante a WAAWeek e Gala WAA. 

Como moitos sabedes, a WAAWeek é unha semana chea de actividades, conferencias, talleres e moita moita comunicación. Por iso, imos necesitar xente que nos axude nas tareas esenciais da organización dun evento. Finalmente, a Gala WAA son para moitos de nos o máis parecido aos Oscar. Así que, a pesar de non contar con alfombra vermella, imos necesitar acomodar aos asistentes e axudar para que ese día todo vaia sobre rodas. 

Como xa sabedes, todo o que facemos é por e para os alumnos da Facultade, así que nos encantaría contar contigo para estas datas. Se estás interesado, envía un mail a informawaa@gmail.com co teu nome, apelidos e curso no que estás a estudar. Vémonos! We Are Ads"

miércoles, 27 de enero de 2016

Mensaxe de We Are Adds (WAA): remata o prazo o día 30

O día 30 deste mes pecha o plazo para participar no concurso que WAA organiza no campus de Pontevedra. Participar é moi sinxelo (vía mail) e podes enviar traballos que fixeras para clase ou proxectos persoais, tanto individuais como en grupo. Ademáis temos 11 categorías diferentes con moitos premios: Spot, cuña, stop motion, gráfica, galicia, ventana virtual,  fotografía publicitaria, acción de RRPP, trailer/teaser e categoría solidaria. Lembramos que a entrega de pezas non está limitada, polo que unha mesma persoa pode presentar varias propostas.

Para máis información entra na nosa web ou escríbenos atrabajoswaa@gmail.com
Moita sorte a todos!

lunes, 25 de enero de 2016

Xoves 28, lectivo. Venres 29, festivo.

Estimados alumnos,

O próximo venres 29 de xaneiro non haberá clase por trasladarse a esta data a celebración do patrón da Universidade, Santo Tomé de Aquino.

O xoves 28, en cambio, sí é lectivo.

Saúdos