viernes, 16 de diciembre de 2016

PREMIOS INCUVE

A Área de Emprego e Emprendemento informa que:

O día 15 de decembro de 2016 publicouse a convocatoria da VI Edición de INCUVI-Emprende co obxecto de fomentar o espírito emprendedor entre estudantes e persoas egresadas a través un concurso de ideas que proporcione a proxectos emprendedores dos tres campus da Universidade de Vigo un programa de preincubación dun ano de duración.

PREMIOS
O número total de proxectos premiados corresponderá co número de espazos ofertados nas preincubadoras existentes en cada un dos campus da Universidade de Vigo:
  • Campus de Vigo, 6 espazos
  • Campus de Ourense, 4 espazos
  • Campus de Pontevedra, 2 espazos
O premio consistirá na incorporación a un programa dun ano de duración no que se desenvolverán actividades formativas e de asesoramento e titorización dos proxectos, así como a subvención, durante o mesmo período, dos custos de estadía nun espazo de traballo na preincubadora do campus correspondente. 

PERSOAS DESTINATARIAS
Poderán presentar as súas ideas a concurso:
  1. Estudantes da Universidade de Vigo que estean cursando estudos de primeiro, segundo ou terceiro ciclo, grao ou mestrado.
  2. Persoas tituladas pola Universidade de Vigo no curso 2013/2014 ou posteriores.
Poderán presentarse a concurso iniciativas que desenvolvan proxectos de emprendemento en calquera das ramas de coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade de Vigo.
Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de 4 persoas.

PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 2 de febreiro de 2017.


BASES
As bases da convocatoria están dispoñibles na web http://emprego.uvigo.es/emprego_gl/emprendemento/incuvi/

jueves, 15 de septiembre de 2016

Asignación de grupos actualizada

Podedes acceder neste enlace á asginación de grupos de 1º, 2º e 3º curso. Avisádeme se detectades algún problema.

Saúdos

Mabel

miércoles, 14 de septiembre de 2016

Planificacións docentes

Estimados alumnos, 

Podedes acceder neste enlace ás planificacións docentes das materias do primeiro cuadrimestre.

Saúdos

viernes, 9 de septiembre de 2016

Presentación do curso

Estimados alumnos de 1º curso,

Podedes consultar AQUÍ a presentación do pasado xoves

Saúdos

lunes, 5 de septiembre de 2016

Segundo prazo preinscrición materias optativas (4º curso)

Hoxe abre o segundo prazo de preinscrición en materias optativas. Os alumnos que teñades que preinscribirvos e que atopedes algún problema co acceso a este proceso na Secretaría Virtual, contactade conmigo por correo electrónico.

Un saúdo

Asignación provisional de grupos para alumnos de 1º, 2º e 3º

Estimados alumnos, 

Podedes acceder AQUÍ á asignación provisional de grupos para os cursos de 1º, 2º e 3º. 

Os grupos créanse por orde alfabética seguindo como criterio o equilibrio no número de alumnos. No caso dos alumnos de 1º e 2º curso, as listas aparecen detalladas cos nomes dos alumnos matriculados. No caso dos alumnos de 3º curso mantéñense os grupos do curso anterior, cos cambios e permutas que se realizaron no seu momento.

No documento tendes toda a información relativa ao procedemento e o link ao formulario de reclamación. O prazo finaliza o día 12 ás 14.00 horas.

jueves, 1 de septiembre de 2016

Preinscrición e matrícula en setembro de materias optativas de 4º curso

Estimados alumnos de 4º curso, prego leades atentamente e difundades esta información:

1. Os alumnos que fixeron a preinscrición das materias optativas en xullo pero que por motivos de traslado de expediente non puideron matricularse en agosto deben enviarme canto antes un mail cos seus datos (nome e apelidos, DNI e materias que tiñan autorizadas) para conservar a preinscrición nestas materias e poder matricularse delas no prazo que corresponda. Aínda que algúns de vós xa mo comunicastes, dado o volume de correos atrasados que teño, é preferible que mo volvades enviar.

2. Os alumnos que non fixeron a preinscrición, deben facela na Secretaría Virtual entre o 5 e o 9 de setembro. Só poderán preinscribirse das materias nas que haxa praza dispoñible. Despois da asignación, terán que matricularse no prazo que corresponda.

Se tendes calquera dúbida con respecto ao proceso, o meu horario de titorías ata o comezo das clases será os luns e xoves de 10.30 a 13.30 horas.