La Caixa e GCiencia, a web da ciencia galega, convocan a primeira edición do Premio Universitario La Caixa de Comunicación Científica, baixo o lema “Contar a Ciencia”. O premio quere poñer en valor o xornalismo científico entre os futuros profesionais. Tamén, dar a coñecer a investigación que se fai en Galicia, de xeito que a descubran os propios estudantes de comunicación nas universidades nas que cursan os seus estudos.
Os candidatos presentarán a GCiencia (www.gciencia.com) unha proposta de reportaxe ou entrevista sobre un tema científico que se desenvolva na Universidade á que pertencen. As reportaxes o entrevistas poderán ser escritas ou audiovisuais.
Prazos:
Ata 11 de abril: envío das propostas. Unicamente se debe enviar un título e subtítulo provisionais, e un resumo dun máximo de 400 caracteres, espazos incluídos. O xurado seleccionará oito destas propostas para que sexan desenvolvidas.
Do 21 de abril ó 12 de maio: envío de traballos completos das oito propostas seleccionadas.
Do 12 de maio ó 5 de xuño: publicación dos oito traballos en www.gciencia.com.
16 de xuño: Fallo do xurado. O traballo gañador será novamente publicado, cunha reportaxe sobre os gañadores. O premio consistirá nunha tablet Kindle FIRE para cada un dos firmantes gañadores e diploma acreditativo para os 7 finalistas.
Máis info
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.