Difundo información de Decanato:
Nos vindeiros días vaise proceder a asignación de taquillas para o curso académico 2014-2015 entre todos aqueles membros da facultade que así o soliciten (estudantes, PDI, PAS).
1. As persoas interesadas en dispor dunha taquilla ou renovar a que xa teñen deben comunicarllo a Chechu Pérez entre o 13 e o 23 de outubro:jpseoane@uvigo.es.
Importante:
*** Aqueles usuarios que teñan preferencia pola ubicación da súa taquilla, deben manifestalo na súa solicitude ***
*** Todos aqueles usuarios que xa teñen asignada a súa taquilla deben solicitar a renovación ou cambio no período establecido ***
*** Aqueles usuarios que contan cunha taquilla pero non a queren seguir utilizando deben desocupala antes do 23 de outubro ***
2. Listaxe provisional. O 24 de outubro publicarase no taboleiro da facultade unha asignación provisional das taquillas para o curso 2014-2015. Para a asignación, darase preferencia aos estudantes do centro e á orde de chegada das solicitudes.
3. Período de reclamacións: 24-28 de outubro. As reclamacións realizaranse a través do rexistro universitario ou ben través de correo electrónico:jpseoane@uvigo.es.
4. 29-31 de outubro - baleirado de taquillas: persoal de conserxería e de decanato procederá a liberar aquelas taquillas que, estando ocupadas, pertenzan a usuarios que non tiveran manifestado o seu desexo de renovación dentro do prazo establecido.
5. Os beneficiarios poderán ocupar as taquillas desde o 3 de novembro.
Importante:
*** A partir desta data, cada persoa solicitará en conserxería a apertura da súa taquilla. Unha vez aberta, os usuarios deben comprar un candado para pechala. Eles serán, tamén, responsables do coidado da taquilla ***
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.