miércoles, 24 de septiembre de 2014

Concurso de ideas. Campaña publicitaria Cream Factory



Cream Factory, que es una nueva crema de ron con horchata, lanza un concurso de ideas entre los estudiantes de la Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación para idear su nueva campaña publicitaria dotado con 600 €. 

Enlace al cartel informativo.

Dudas e inscripción en el concurso: jpseoane@uvigo.es

martes, 23 de septiembre de 2014

Bolsas do Campus do Mar

O Campus do Mar convoca sete bolsas de formación complementaria no Campus Dixital do Mar, destinadas a alumnos/as da Universidade de Vigo que estean cursando estudos de licenciatura ou grao nalgunha das titulacións afíns á formación práctica que van desenvolver ao longo do periodo de goce da bolsa.

O plazo de presentación das solicitudes remata o 3 de outubro.

As bases da convocatoria e o anexo pódense descargar na seguinte ligazón:

http://campusdomar.es/?post_type=bolsa&p=8779

viernes, 19 de septiembre de 2014

Listaxe de persoas inscritas no curso de Mediaset

Neste ENLACE podedes acceder á listaxe de persoas que ata o momento están inscritas no curso de Mediaset.

Se non aparecedes na lista e queredes inscribirvos, enviado un mail a secretariacsc@uvigo.es


jueves, 18 de septiembre de 2014

Configuración grupos materias optativas 4º curso

Estimados alumnos,

Existen varias materias optativas de cuarto curso con grandes desequilibrios na composición dos grupos. No caso da materia de Publicidade, artes gráficas e tipografía parece que a única opción será levar un grupo á tarde, tal e como vos comentou o profesor.
Outra materia na que podería darse este caso é Relacións Públicas e Protocolo (esta mañá dixen en clase que a materia era Campañas de imaxe e relacións públicas, pero non é así, foi un erro).
Tamén hai problemas cos grupos de Cine e Publicidade.

Pediríavos, por favor, aos alumnos que non teñades incompatibilidades horarias con outras materias, que tratedes de anotarvos nos grupos con menos alumnos, para buscar o equilibrio e evitar ter que mover grupos á tarde.

Saúdos

Prazo modificación matrícula

Estimados alumnos,

Lémbrovos que mañá venres 19 de setembro remata o prazo de modificación de matrícula. No caso dos alumnos de 4º que teñan que matricularse de optativas ou modificar matrícula destas materias lembrade que o aviso que se deu a Xescampus é para que vos activen esta posibilidade, pero tendes que formalizar igualmente a matrícula a través da Secretaría Virtual.

Saúdos

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Aclaración sobre os correos electrónicos á coordinación de grao

Estimados alumnos,

Envíovos neste ENLACE información sobre o xeito en que se empregará e se responderá ao correo electrónico desde a coordinación do grao a partir de agora. Prégovos que o leades con atención.

Saúdos


martes, 16 de septiembre de 2014

CURSO FORMACIÓN MEDIASET: CORREO ELECTRÓNICO CORRIXIDO

Envío neste ENLACE novamente a información sobre o curso de formación de Mediaset. O novo documento inclúe unha nova dirección de correo electrónico para inscribirse. Por favor, anotádevos mediante este mail. Nos próximos días publicarase unha listaxe das persoas admitidas, aínda que non haberá problema de aforo; se o Salón de Graos non fose suficiente o curso desprazaríase ao Salón de Actos para poder acoller a tódolos interesados.

Saúdos