Estimados alumnos,
Existen varias materias optativas de cuarto curso con grandes desequilibrios na composición dos grupos. No caso da materia de Publicidade, artes gráficas e tipografía parece que a única opción será levar un grupo á tarde, tal e como vos comentou o profesor.
Outra materia na que podería darse este caso é Relacións Públicas e Protocolo (esta mañá dixen en clase que a materia era Campañas de imaxe e relacións públicas, pero non é así, foi un erro).
Tamén hai problemas cos grupos de Cine e Publicidade.
Pediríavos, por favor, aos alumnos que non teñades incompatibilidades horarias con outras materias, que tratedes de anotarvos nos grupos con menos alumnos, para buscar o equilibrio e evitar ter que mover grupos á tarde.
Saúdos
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.