Data límite de entrega: 22 de outubro ás 14.00 horas por Rexistro.
Datas de defensa: 3 e 4 de novembro.
Dacordo co artigo 8 do Regulamento de Traballos de Fin de Grao os alumnos interesados en presentar o TFG deberán entregar, a través dun Rexistro Oficial da Universidade de Vigo, a seguinte documentación:
- Solicitude de presentación (modelo colgado no apartado de Documentos e Ligazóns, no apartado da materia na plataforma FAITIC), dirixida á Comisión.
- Tres copias do traballo en formato impreso ou tres copias en pen drive (un pen drive para cada integrante do Tribunal) e unha cuarta copia en CD/DVD.
- Poderá aportarse a documentación ou material adicional que se estime oportuno para que sexa tomada en consideración polo Tribunal avaliador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.